23 jun 2017

Campeonato de España de ajedrez por equipos 2017 (2)


Tras a segunda xornada do Campionato de España de xadrez por equipos sub-14, a selección de Galicia con catro puntos e 9,5 puntos conseguidos polos nosos participantes, sitúase no cuarto posto da clasificación xeral.

Dúas vitoria contundentes contra Cantabria e Castilla La Mancha e unha derrota pola mínima (1,5 - 2,5) contra a potente selección de Madrid e primeira da clasificación actual, é un resultado que nos fai abrigar esperanzas para a obtención dun bo resultado na clasificación final.


Nosa querida Ana tivo un só enfrontamento na segunda partida do día 22, contra a madrileña Bianca Andrade Sandoval. A pesar da diferenza de ELO (Bianca 1849 e Ana 1268) afrontou a partida con valentía, pero non puido superar a Bianca e na xogada 38 perdeu por xaque mate (Ver a partida aquí Bianca Andrade - Ana Fernández).




Na primeira xornada de mañá, Martín, Rubén, Marta e Paula enfrontaranse á selección de Asturias que ocupa o quinto posto cos mesmos catro puntos. Unha vitoria supoñería poñer á nosa selección nunha situación inmellorable para afrontar a recta final do campionato. 

Desexámoslles toda a forza e concentración aos nosos campións e campioas, e que gocen coas súas partidas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario