21 jun 2017

Campeonato de España de ajedrez por equipos 2017

Ana Fernández Carneiro (Selección Galega)

Mañá día 22 de xuño comeza o Campionato de España de Xadrez por equipos en categoría infantil, que este ano se celebra en Padrón e que rematará o domingo día 25.

Nesta ocasión teremos a unha Laroqueira participando coa Selección Galega. Nosa querida Ana Fernández Carneiro defenderá a este equipo xunto con Martín Gómez Carreño, Rubén Fernández López, Angel Ferreño Sanmartin, Marta Quintas Fernández e Paula Quintas Fernández. Tres rapaces e tres rapazas que non dudamos que o darán todo para deixar a Galicia no máis alto posible na clasificación final.

Galicia parte no ránking inicial no posto oitavo e co obxectivo de mellorar con fartura este posto. 
Ránking Incial:
Madrid, Cataluña, Cominidad Valenciana, Murcia, Asturias, Canarias, Andalucía, Galicia, Aragón, Navarra, Baleares, Euskadi, Castilla León, Castilla La Mancha, La Rioja, Cantabria e Extremadura.

O campionato celebrarase por equipos de seleccións autonómicas, a catro taboleiros.
Para a aliñación de taboleiros seguirase a normativa de aplicación conforme ao Regulamento Oficial de Competicións da Federación Española de Xadrez.
En cada encontro cada equipo deberá aliñar 2 xogadores masculinos e 2 xogadoras femininas.
A puntuación será por encontro, (2 puntos atopo gañado, 1 punto empatado e 0 puntos perdido), sendo o primeiro sistema de desempate o sistema olímpico tradicional, sumando o resultado individual de cada taboleiro en cada encontro.
Xogarase a diario Suízo aplicado a equipos, a unha distancia de seis roldas.
A velocidade de xogo será de 90 minutos por xogador e para toda a partida, con incremento de 30 segundos por xogada realizada.
O Campionato terá unha duración de catro días (22 ao 25 de xuño), podendo celebrarse xornadas de mañá e tarde. Non se poderán disputar máis de dous encontros nun día.

O calendario marcado para todos estes días é o seguinte:

Dia 22/06/17 : 10:00 Primeira rolda,   17:00 Segunda rolda
Día 23/06/17 :  17:00 Terceira rolda
Día 24/06/17 :  10:00 Cuarta rolda      17:00 Quinta rolda
Día 25/06/17 :  9:30 Sexta rolda  14:00 Entrega de premios e clausura.


Información en directo en   info64

Dende o Clube de Xadrez Laroca sentímonos orgullosos da participación de unha das nosas compañeiras neste campionato  e queremos desexar moita forza a selección de Galicia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario