Sábado 10 de marzo, día da clase obreira galega e día no que os xogadores e xogadoras do Club Xadrez Laroca afrontan a sexta xornada da liga galega de xadrez.
Neste día os enfrentamentos e resultados dos nosos equipos foron os seguintes:
1ª Divivión Grupo C:
LAROCA A - XADREZ VERÍN A ( 3 - 1 )
2ª División Grupo E:
CHIRINGO CONTOS TUI - LAROCA B ( 2'5 - 1'5 )
VILLA DE BOUZAS B - LAROCA C ( 1 - 3 )
3ª División Grupo K:
XADREZ TUI - IES AUGA DA LAXE ( 4 - 0 )
MALLON - XADREZ ALBATROS D ( 4 - 0 )
PRIMEIRA DIVISIÓN grupo C:
LAROCA A no local de Cotros co equipo formado por Mireya Represa, Sergio López , Francisco Rego e Artai Bringas que ascendía de segunda división, enfrentouse a un rival directo do que o separaba só 1'5 puntos. Con esta vitoria conseguiu ampliar a diferencia con este equipo e situarse no posto 4º da clasificación xeral empatado có Xadrez Bueu A e a 2'5 puntos do primer casificado. Os puntos foron conseguidos por Francisco e Artai con victoria e duas taboas de Mireya e Sergio.
SEGUNDA DIVISIÓN grupo E
A beira do Miño en terras de Tui LAROCA B tivo unha derrota por a mínima e non acaban de despegar, inda que este resultado os alonxa un pouco dos postos de descenso, situándose no 7º posto empatado con o Xadrez Albatros B. A vitoria foI obtida por Daniel Vaz, mentras que Jose Manuel Araujo conseguio unhas taboas e Patricio Salgado e Rafael Simoes non conseguiron ningún punto.
O desprazamento do LAROCA C a Vigo supuxo unha vitoria máis para este equipo. So a derrota sorprendente de Chema empañou o que poido ser un pleno. Nesta ocasión as vitorias foron conseguidas por Avelino, Carlos e Antonio, que siguen con un 100% de efectividade. Este resultado e os dos equipos mais próximos na clasificación sitúa a este equipo no 2º posto da clasificación, no ecuador da liga con puntos suficientes para poder asegurar que o obxetivo primeiro de manterse nesta división está conseguido.
TERCEIRA DIVISIÓN grupo K
Tamén en Tui o IES AUGA DA LAXE tiña un compricadísimo encontro no que non conseguiron dar a sorpresa. A Tui desplazaronse Ana Fernández, Asian Pombo, Jose Manuel Fernández e Xoan Carlos Pombo.
No noso local de Cotros os rapaces de MALLON (Mauro Sanromán, Guillermo Cousido, Constantino Prol e Matías Rajo) conseguiron a primeira vitoria da tempada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario