11 mar 2018

Liga de 4ª, Pontevedra Sur, fase final


Tras a celebración das dúas fases eliminatorias nas que participaron 200 rapaces e rapazas, o 11 de marzo de 2018 as catro da tarde comezou a fase final da liga de cuarta división Pontevedra sur na que participaron os dous primeiros clasificados de cada un dos catro grupos nos que estaba dividida esta división.

Nos locais do IES Auga da Laxe de Gondomar e organizado por o Club Xadrez Laroca participaron nesta fase final os seguintes equipos:

Xadrez Albatros E
Globaltea - Xadrez Ponteareas C
Club Xadrez Mos H
Club Xadrez Mos G
Bellavista
Apostol
Promesas Auga da Laxe - Laroca
Promesas Mallon - Laroca.



O sistema de enfrontamentos foi de todos contra todos a un ritmo de xogo de 10 minutos con 5 segundos de incremento.

Nesta fase final participaron 66 rapaces e rapazas de diferentes edades que disfrutaron de unha interesante xornada de xadrez e viviron as emoción que proporciona este deporte. Unha interesante canteira que no futuro dará grandes alegrías o xadrez de esta provincia de Pontevedra.

A competición foi dura e tras as sete roldas a clasificación final rematou como sigue:

1º.-  Apostol (22 puntos)
2º-.  Bellavista (20 puntos)
3º.-  Xadrez Albatros E (16 puntos)
4.-   Laroca - Mallon (15 puntos)
5.-   Xadrez Mos G (12'5 puntos)
6.-   Laroca - Auga da Laxe (10'5 puntos)
7.-   Xadrez Mos H (9 puntos)
8.-   Globaltea - Xadrez Ponteareas (7 puntos)

Tras o fin de festa con a entrega de premios e a solta de globos ós organizadores só nos quedaba recoller todo o local de xogo para deixalo listo e valorar o traballo feito, do que quedamos moi sotisfeitos. Ademáis os dous equipos Laroca fixeron un gran papel e nos asegura unha canteira importante para que este club siga a crecer.









No hay comentarios:

Publicar un comentario