4 mar 2018

Liga de cuarta Pontevedra Sur 2018


Un ano máis e xa é o segundo, o Club Xadrez Laroca encargamonos de organizar esta fase da liga de cuarta. O local de xogo volve a ser nas instalación do IES Auga da Laxe en Gondomar, un lugar ideal para a celbración de este tipo de eventos.

Este ano participan un total de 26 equipos divididos en catro grupos dos que pasarán a fase final dous equipos por grupo. As duas primeiras fases de eliminación celebranse os domingos 25 de febreiro e 4 de marzo e a fase final cos oito equipos clasificados o domingo 11 de marzo.





Na primeira rolda (25 de febreiro) participan os seguintes equipos:
Grupo A: Club Xadrez Mos J, Club Xadrez Mos H, Escola de Bouzas A, Promesas Mallon - Laroca, Ramiro Sabell Joyería Gallego e Ramiro Sabell ANPA Pena do Equilibrio.

Grupo B: Club Xadrez Mos G, Club Xadrez Mos K, Escola de Bouzas B, Ramiro Sabell Reina Tour, Globaltea - Xadrez Ponteareas C, Promesas Mallon Laroca B.

Na segunda rolda (4 de marzo) participan:
Grupo C: Loyola, Apostol, Xadrez Tui - Liceo Casino, Lucena Promesas, Club Xadrez Mos L, Colegio Monterrey, Xadrez Albatros E, Escola de Bouzas C.

Grupo D: Club Xadrez Mos I, Club Xadrez Mos M, Lucena Escolar, Bellavista, Promesas Auga da laxe - Laroca, Altamira - Xadrez Ponteareas D, Xadrez Albatros F.

Na primeira xornada do día 25 de febreiro enfrentabanse os equipos dos grupos A e B. 

No grupo A os dous primeiros clasificados e que pasan a fase final foron Promesas Mallon Laroca con 15 puntos (tres victorias e dous empates) e Club Xadrez Mos H, que empatou a 11 puntos con Escola de Bouzas A.
PONTEVEDRA SUR - FASE CLASIFICATORIA - GRUPO A
N
EQUIPO XOG GAÑA EMPA PERD PUNT SONN
1 PROMESAS MALLON 5 3 2 0 15.0 125.50
2 CLUB XADREZ MOS H 5 1 4 0 11.0 101.00
3 ESCOLA DE BOUZAS A 5 1 4 0 11.0 101.00
4 RAMIRO SABELL ANPA PENA DO EQUILIBRIO 5 1 2 2 10.5 85.25
5 RAMIRO SABELL JOYERIA GALLEGO 5 2 2 1 9.5 79.25
6 CLUB XADREZ MOS J 5 0 0 5 3.0 31.50

No grupo B o club Xadrez Mos G clasificouse no primeiro posto con 15 puntos (4 vitorias e 1 empate) e Globaltea - Xadrez Pontearesas C con 14'5 puntos (4 vitorias e 1 derrota).

PONTEVEDRA SUR - FASE CLASIFICATORIA - GRUPO B
N
EQUIPO XOG GAÑA EMPA PERD PUNT SONN
1 CLUB XADREZ MOS G 5 4 1 0 15.0 116.25
2 GLOBALTEA - XADREZ PONTEAREAS C 5 4 0 1 14.5 95.50
3 RAMIRO SABELL REINA TOUR 5 2 1 2 10.0 85.50
4 PROMESAS MALLON B 5 1 0 4 6.5 59.00
5 CLUB XADREZ MOS K 5 2 0 3 6.0 39.75
6 ESCOLA DE BOUZAS B 5 1 0 4 3.0 14.50


Na segunda xornada do día 4 de marzo o enfrontamento foi entre os equipos dos grupos C e D.

No grupo C o Apostol clasificouse en primeiro lugar con 25 puntos (     ) seguido no segundo posto  por o Xadrez Albatros E, sendo estos os dous equipos que participarán na fase final.


No grupo D tivemos un triple empate no primeiros posto o que suporá ter que calcular o desempate para coñecer quenes son os dous que pasan a fase final. Eses equipos foron Promesas Auga da Laxe Laroca, Lucena Escolar e Bellavista

O próximo domingo 11 de marzo terá lugar a fase final na que estos oito equipos clarificados se enfrentarán. Entre os oito estará o Promesas Mallón Laroca ( Saul Manuel Rodríguez González, Simon Carballal Da Rocha, Miguel Martin-Arroyo Añibarro, Yoel González González, Lucas Pereira Rocha, Héctor Machado Alonso, Aleix Lorenzo Vila e Xoan Antonio González Prol) e esperemos que tras o desempate do grupo D tamén esté Auga da Laxe Laroca (Diego Martín Abalde, Sara González Ferreira, Marcos Rego Calvo, Brais Fernández Rouco, David González Iglesias, Marcos González Iglesias e Xiana Pombo González)





No hay comentarios:

Publicar un comentario