8 abr 2018

8ª xornada Liga Galega 2018




RESULTADO DOS NOSOS  EQUIPOS
ROLDA-8        07-04-2018
1ª C LAROCA-NIGRAN A 3 - 1 XADREZ BUEU A
2ª E XADREZ ALBATROS A 0'5 - 3'5 LAROCA-NIGRAN C
2ª E CLUB XADREZ MOS B 2 - 2 LAROCA-NIGRAN B
3ª K XADREZ PONTEAREAS 2 - 2 IES AUGA DA LAXE - LAROCA
3ª K MALLON - LAROCA 1 - 3 XADREZ TUI



En primeira división grupo C enfrontámosnos a Bueu A, do que nos separa medio punto na xeral e cun ELO medio un pouco superior o do noso equipo. Para este encontros por parte do Laroca A acercáronse os locais de Cotros Mireya Represa, Sergio López, Francisco Rego e Artai Bringas que ascende de segunda. Tras unha disputadísima xornada as vitorias de Sergio e Fran e as táboas de Mireya e Artai seguen a manternos con posibilidades de alcanzar o obxetivo do ascenso e sitúanos nesta sétima xornada no 3º posto da xeral a 3'5 puntos do primeiro.

En segunda división grupo E pasamos pola primeira proba de lume para o Laroca C no seu enfrontamento co Albatros A. Na Guarda foron Jose Manuel Ben, Avelino Iglesias, Jorge Carneiro e Antonio Díaz os que intentaron conseguir un resultado que os manteña no segundo posto da clasificación. Tras unha disputadísima xornada só conseguimos medio punto grazas as taboas de Lino, o que nos situa no terceiro posto empatado a 22'5 puntos con o CXF Depontes Rodas, que nesta xornada tivo a segunda derrota da tempada.

Por outra banda nesta mesma división o Laroca B segue na sua teima por sair dos postos de perigo e non desaproveitou a oportunidade. Patricio Salgado, Daniel Vaz, Rafael Simoes e Jose Manuel Araujo formaron o equipo que conseguíu este valiosísimo empate, 2 puntos, conseguidos por Daniel e Rafael, contra un rival directo que os sitúa no mesmo posto que tiñan na xornada anterior pero que os alonxa máis do descenso por os cero puntos logrados por a ONCE.

Na terceira división grupo K  o IES Auga Da Laxe ( Ana Fernández, Laura González, Jose Manuel Fernández e Sara González) en Ponteareas logrou o seu segundo empate con as vitorias de Laura e Jose Manuel. Mallon (Aguntín Alvarez, Mauro Sanromán, Constantino Prol, Rafael Márquez) xogaba en Cotros contra o segundo clasificado conseguindo un punto con a vitoria de Mauro contra o, a priori, mais forte equipo da categoría.

O resulta final dos puntos logrados esta xornada, como suele dicir o noso querido presidente, foi LAROCA 8'5 resto do mundo 11'5. De todos os xeitos na recta final da liga seguimos con posibilidades de mellorar algúns dos obxetivos marcados ó inicio ou a lo menos a xa boa clasificación do ano pasado nas tres categorías nas que estamos a participar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario