16 abr 2018

9ª xornada Liga Galega 2018


RESULTADO DOS NOSOS  EQUIPOS
ROLDA-9        14-04-2018
1ª CLAROCA-NIGRAN A1'5 - 2'5XADREZ OURENSE B
2ª ECLUB XADREZ MOS A2'5 - 1'5LAROCA-NIGRAN C
2ª ELAROCA-NIGRAN B3 - 1 VILA DE BOUZAS B
3ª KIES AUGA DA LAXE - LAROCA3'5 - 0'5XADREZ ALBATROS C
3ª KXADREZ PONTEAREAS1'5 - 2'5MALLON - LAROCA



Sergio, Artai, Tino e Mireya

Hoxe era un día importante para Laroca A. Na fase final da liga e tan preto da posibilidade do ascenso á división de honra cada punto é crucial e o noso equipo necesataba sacar o mellor dos resultados. Mireya Represa, Constantino González, Sergio López e Artai Bringas foron os que se enfrontaron a este reto. Finalmente o punto e medio foi conseguido por Mireya, con unha gran vitoria nunha espectacular partida, e Constantino, con esas taboas logradas con moitísimo esforzo. Nos outros dous encontros de Sergio e Artai os seus revais ouresáns fixeron unhas excelentes partidas e lograron a vitoria malia os esforzos dos nosos xogadores.


Os números seguen dicindo que o ascenso é posible, pero temos que recoñecer que as posibilidades son moi poucas, 8 puntos son os que hai en xogo e 5 os que sepárannos do ascenso. Mais preto, a 2 puntos, está o segundo posto, o que sería para o noso equipo un exitoso resultado.

En segunda división Laroca C volvemos ter unha xornada rara, na que Carlos Groba e Jorge Carneiro acabaron perdendo unhas partidas que tiñan claramente gañadas e Avelino  Iglesias acadou unhas taboas que puido ser perfectamente unha vitoria. O punto foi conseguido por Jose Manuel Ben no primeiro taboleiro. A pesar de esta derrota seguimos con posibilidades de alcanzar o segundo posto da clasificación.

Tamen en segunda división Laroca B conseguiu unha importante vitoria que lle permite subir un posto na clasificación xeral e alonxarse un pouco máis dos postos de descenso. O próximo sábado no enfrontamente con o equipo da ONCE garantizaríamos a permanencia so con conseguir un empate. Os tres puntos foron logrados por Patricio Salgado, Daniel Vaz e Francisco Javier Vazquez por incoparecencia do seu rival, mentras que Jose Manuel Araujo non poido co seu rival.

En terceira división esta era a última xornada e os nosos equipos remataron con senllas vitorias. 

IES Auga da Laxe remata no cuarto posto da clasificación con 17'5 puntos, 4 vitorias, 1 empate e 4 derrotas.

Os seus xogadores: (Vitorias / Taboas / Perdidas / Efectividade)

Laura González Ferreira                    4 / 2 / 1 / 71'40%            
Osián Pombo González                     3 / 0 / 2 / 60'00%            
Jose Manuel Fernández Rogríguez     4 / 0 / 3 / 57'10%            
Ana Fernández Carneiro                   1 / 3 / 3 / 35'70%           
Pablo Pérez Vargas                          1 / 0 / 2 / 33'30%            
Xoan Carlos Pombo Vidal                1 / 0 / 2 / 33'30%              
Sara González Ferreira                     1 / 0 / 2 / 33'30%                   
Hugo Rego Calvo                             0 / 0 / 1         

Mallon remata no setimo posto con 14 puntos, 2 vitorias, 1 empate e 6 derrotas.

Os seus xogadores: (Vitorias / Taboas / Perdidas / Efectividade)                   

Guillermo Cousido Martínez              4 / 0 / 2 / 66'70%                               
Ricardo Fernández López                 3 / 1 / 2 / 58'30%                
Agustín Alvarez González                  2 / 0 / 2 / 50'00%               
Constantino Prol Andre                     1 / 0 / 1 / 50'00%                
Matías Rajo Valverde                       1 / 0 / 1 / 50'00%                 
Mauro Sanroman Costas                  2 / 1 / 4 / 35'70%              
Rafael Márquez Oliveira                   0 / 0 / 6                            

Queremos recoñecer o bo campionato realizado por os nosos equipos nesta terceira división especialmente compricada, con tres equipos moi fortes que remataron empatados a puntos e que decidirán o ascenso por o desempate. Un ano mais nesta división conseguimos presentar dous equipos competitivos e que superon dar a cara. As nosas felicitacións os rapaces, rapazas e os máis crecidiños polo resultado obtido. Agora toca prepararse para afrontar o Circuito Galego de Promoción 2018 que comezará o 1 de maio en Noia e contará con 18 torneos de partidas rápidas o longo de todo o verán.


No hay comentarios:

Publicar un comentario