Comezamos a mes de setembro con o que xa é o 3º Torneo de Xadrez Concello de Mos, incluido no Circuito Galego de Promoción celebrouse nos locais do Centro Dotacional de Torroso. (Enlace o Facebook do club xadrez Mos).
Nesta ocasión do club Xadrez Laroca nos desplazamos a Mos 10 persoas que participamos nas categorías sub-12 (Diego Martín Abalde e Marcos Rego Calvo), sub-14 (Ricardo Fernández López) e Absoluta (Artai Bringas Gómez, Francisco Rego Lorenzo, Jose Manuel Bens Alvarez, Avelino Iglesias Fernández, Jorge Carneiro Penedo, Ana Fernández Carneiro e Jose Manuel Fernández Rodríguez).
En sub-12
Diego Martín Abalde terminou no posto 10 con un total de 4 vitorias de 7 partidas, logrando o seu primeiro punto para a clasificación do Circuito.
Pola súa parte Marcos Rego Calvo despois dunha mañá na que só logrou 1 punto conseguiu remontar con 3 vitorias consecutivas na xornada da tarde, rematando no posto 14 con un total de 4 puntos.
Diego Martín Abalde terminou no posto 10 con un total de 4 vitorias de 7 partidas, logrando o seu primeiro punto para a clasificación do Circuito.
Pola súa parte Marcos Rego Calvo despois dunha mañá na que só logrou 1 punto conseguiu remontar con 3 vitorias consecutivas na xornada da tarde, rematando no posto 14 con un total de 4 puntos.
En sub-14
Ricardo Fernández López voltou superar o numero da besta e cunha soa derrota, tres táboas e tres vitorias rematou no quinto posto que o situou unha vez mais no podio.
Ricardo Fernández López voltou superar o numero da besta e cunha soa derrota, tres táboas e tres vitorias rematou no quinto posto que o situou unha vez mais no podio.
Especialmente importante foi a última partida contra Gonzalo Bastos na que os dous se xogaban o terceiro posto e que gañou Gonzalo.
Este quinto posto dalle a Ricardo 6 puntos máis na clasificación xeral do Circuito, na que segue a manter posibilidades de rematar entre os tres primeiros.
Na categoría de Absoluta foi na que houbo máis participación do noso club, con 6 laroqueiros e 1 laroqueira.
Artai Bringas Gómez cunha soa partida perdida contra Antonio Alvarez, repetíu a clasificación do ano pasado e situóuse como subcampeón detras de Ruben Fernández que conseguiu un pleno de vitorias.
Francisco Rego Lorenzo rematou no posto 18 da clasificación xeral tras conseguir vencen en catro partidas e mantendose en todo momento nas primeiras mesas.
Jose Manuel Ben Alvarez, 21 na xeral con 4 puntos. Enfrentouse a Ana e a Jorge nas duas primeiras partidas conseguindo gañar nas duas ocasións. Esta é a segunda vez que participa neste torneo e cos mesmos puntos que o ano anterior logrou mellorar a sua posición final.
Jorge Carneirio Penedo, conseguiu a metade dos puntos posibles e con 3'5 rematou no posto 35 na clasificación final, mellorando os resultados do ano anterior pero con o mesmo problema coas partidas da tarde, donde so conseguiu 1'5 puntos de 4 posibles.
Avelino Iglesias Fernández, era a sua primeira participación neste torneo e tampouco suele xogar demasiado este tipo de partidas, a pesar do cal terminou no posto 39 con 3 puntos.
Ana Fernández Carneiro tampouco tivo o seu mellor día inda que temos que ter en conta que os emparellamentos non lle deron ningún rival facil. Logrou 3 puntos e rematou no posto 41.
Jose Manuel Fernández Rodríguez conseguiu mellorar o seu resultado do ano pasado neste mesmo torneo. Rematou con 2 puntos no posto 62.
E aquí estamos todos e todas, deportistas e sufridos acompañantes disfrutando de unha merecida comida no restaurante El Bosque.
Unha vez mais agradecemos aos compañeiros do Club Xadrez Mos por organizar este extraordinario torneo e felicitámolos por a impecable organización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario