Nesta ocasión foron 43 os participantes neste torneo valedoiro para ELO FIDE que se xoga por sistema suizo a 6 roldas de 60+30.
Este ano e por segundo consecutivo, acadou o primeiro posto Brais Otero do Xadrez Mos, e quedaron en segundo e terceiro postos respectivamente Sergio López do Xadrez Laroca e Martín Pena do Xadrez Oroso.
Un ano mais o amigo Patricio conseguiu organizar un interesante torneo no que participaron diferentes clubs do entorno, sendo o Xadrez Mos o que desprazou máis xogadores. Contamos tamén con participación do país veciño dos clubs CX Porto e CX C. Portugues.
Artai e Mauro
Este ano non contamos no torneo Val Miñor con Artai Bringas Gómez que se atopaba participando no IV Open Internacional RGCC en Xixon, un torneo de alto nivel no que comezou no ranking inicial no posto 93 e rematou no posto 59 con 5 puntos de 9 posibles (3 vitorias e 4 taboas), destacando a vitoria contra o Maestro FIDE Dan Álvarez de Ron.
Unha vez máis o noso Artai voltou a demostras a progresión na que se atopa, logrando unha mellora de 70 puntos no seu ELO nun torneo infestado de xogadores con ELO superior a 2000.
Finalizada a súa participación en Xixón o seu próximo destino foi Pontevedra, donde xunto con Mauro Sanroman Costas participou no VI Torneo Internacional de Ajedrez Cidade de Pontevedra, onde rematou invicto no posto 13 con 3 vitorias e 6 táboas.
Mauro un ano máis volveu asumir o importante reto de este prestixioso torneo logrando rematar con 2,5 puntos e unha pequena mellora no seu ELO.
Pero o cu inquieto de Artai non lle deixa descansar e presentouse o 17 de agosto en Barcelona para disputar un novo torneo dos que a el lle gustan, XX Open de Sants, Hostafrancs i la Bordeta no grupo A, no que partía no ranking inicial no posto 356 de 422 participantes.
Despois de 9 intensas partidas nas que todos os seus rivais superaban os 2000 de ELO, con tres incomparecencias do rival 1 vitoria e 4 táboas, conseguiu rematar no posto 95 da xeral con 6 puntos e un incremento de 75 no seu ELO que supón a superación da barreira dos 2000. Un gran torneo que supón o colofón a un verán intenso de xadrez e un trofeo máis para a sua vitrina o lograr o cuarto posto na clasificación de menos de 2100.
Mauro un ano máis volveu asumir o importante reto de este prestixioso torneo logrando rematar con 2,5 puntos e unha pequena mellora no seu ELO.
Pero o cu inquieto de Artai non lle deixa descansar e presentouse o 17 de agosto en Barcelona para disputar un novo torneo dos que a el lle gustan, XX Open de Sants, Hostafrancs i la Bordeta no grupo A, no que partía no ranking inicial no posto 356 de 422 participantes.
![]() |
Artai - FM Daniel Hristodorescu Rematou en táboas |
Mireya polo mundo
![]() |
Campeona de España sub-18 |
Este torneo serviulle a Mireya de preparatorio para o Campeonato de España sub-18 celebrado en Salobreña do 30 de xullo o 4 de agosto. Como era de esperar Mireya non defraudou e voltou a conseguir revalidar o título de Campeona de España Femenina 2018, que xa lograra tamén o ano pasado. Parabens unha vez máis campiona, non temos moito máis que dicirche.

Con máis gañas de xadrez desprazouse a Linares para participar no Campeonato de España de Clubs na categoría de segunda formando parte do equipo Caja Granada, aportando 2 vitorias e 2 táboas ó equipo que rematou no posto 9º con 8 puntos.
Temos que facer unha mención especial o Club Deportivo Xadrez Ourense que con 11 puntos rematou segundo clasificado e consegue ascender á máxima categoría (Faro de Vigo)

Destacamos o mesmo tempo o bo resultado obtido por a valenciana Marta García Martín que rematou no posto 8º cos mesmos puntos que Mireya e a almeriense Ana Redondo Benavente no 24º con 5 puntos, que xunto con Mireya formaban parte da participación española neste campionato.
Carlos en Lugo
Tamén en Lugo este ano houbo presencia laroqueira. Carlos Groba Represa participou no VI Torneo Sub 2200 celebrado na cidade da muralla no mes de xuño. Segundo cóntanos o propio Carlos non foron os millores días da súa vida xadrecista e logrou 1'5 puntos de 5 posibles. Hai días malos tamén no xadrez amigo Carlos, cando as cousas están por non saír non saen por moito que te empeñes.
A Illa de Arousa
![]() |
1ª feminina |
Na primeira ocasión Ana estivo a punto de conseguir o premio a primeira feminina, algo que conseguiu na segunda sumando un novo trofeo a súa vitrina.
Algo ten a Illa de Arousa para que ano tras ano repitamos e non é só o xadrez. A contorna é inmellorable e non digamos o seu arroz con cunchas e o resto de manxares gastronómicos. Tamén queremos destacar o ven que nos tratan os amigos do Club Xadrez Dorna os que dende este blog queremos dar un especial agradecemento por a sua labor en prol da promoción do xadrez e por o cariño que nos mostran sempre a estes dous laroqueiros.
Torneos na rúa no Baixo Miño
Poboa do Caramiñal 18 e 19 de agosto

Mondariz do 16 o 23 de agosto
En Mondariz e no V Aberto Internacional de Ajedrez Hotel Cemar, participaron Carlos Groba Presa e Ricardo Fernández López.
Entre o 16 e o 23 de agosto tiveron lugar as 9 roldas a un ritmo de xogo de 90+30.
Neste torneo valedoiro para ELO Ricardo conseguiu taboas en cinco partidas, incluida a que o enfrentou a Carlos, contra rivais a priori moi superiores a él que lle permiten mellorar de unha forma importante o seu nivel de ELO. A máis de estas táboas conseguiu duas vitorias máis que o situaron no posto 45 da clasificación xeral con 4'5 puntos.
Por a sua parte Carlos, que comezou perdendo contra o Mestre Internacional Arian González tivo unha pequena merma a pesar dos 3'5 puntos conseguidos en oito partidas por non poder xogar a última por problemas de axenda.
Aqui temos a dous xadrecistas novos laroqueiros que están destinados a dar grandes alegrías a este club. Carlos, que despois de un parón de xogo a nivel profesional, volve a engancharse con forza e Ricardo, que se enganchou a esto do xadrez fai un par de aniños e ós seus catorce anos está tendo unha progresión incrible.
Circuito de Promoción
Dentro dos torneos de promoción o Laroqueiro que participou en máis foi Ricardo Fernández López na categoría sub-14.
Conseguiu puntuar para a clasificación xeral en todos menos un, sendo nestes momentos 3º nesta clasificación con 42 puntos a falta de sete torneos por celebrar. Ricardo ten un record , é o que mais veces quedou 6º nestes torneos, con un total de 5.

Despois do Dani da Rocha os seguintes torneo de este circuito foron os de Vilagarcía XII Open McDonalds, Cambados o XXXII Torneo Infantil del Albariño, Rianxo X Torneo Concello de Rianxo. Neste último conseguiu superar ese fatídico sexto posto e subir o podium como quinto da clasificación xeral.
O seguinte torneo de este circuito celebrarase o 1 de setembro en Mos. O III Torneo Concello de Mos será unha nova oportunidade que terá Ricardo para seguir progresando.

Rianxo
Comida do Club
No hay comentarios:
Publicar un comentario