27 may 2019

Copa Galicia de xadrez 2019


Xa facía uns aniños (dende 2016 co equipo de cadetes que rematou en 5º posto) que non participábamos nesta competición e este ano presentamos dous equipos en cada unha das categorías que se convocaron.




En cadetes o 25 de maio participaron representando o  Laroca Nigran Cadete A   Artai Bringas, Ricardo Fernández, Mauro Sanroman e Guillermo Cousido; mentres que representando a Laroca Nigran Cadete B contamos con Ana Fernández, Laura González, Sara González e Brais Fernández.

Estes dous equipos foron quen de manter o equilibrio necesario e participar a tope neste torneo logrando un importante 4º posto con tres vitorias, unha derrota por a mínima contra o Circulo Ferrolano e e outra contra o CXF Distribuciones Lete por parte do Laroca Nigran Cadete A; e unha moi honrosa particicipación das feminas e Brais do Laroca Nigran Cadete B.

Ó día seguinte, 26 de maio, tocounos ós máis maduriños desplazarnos a Noia, acompañados por dous cadetes que repetía, Artai e Ricardo. Como en Cadetes tamén fixemos dous equipos, un formado por Mireya Represa, Artai Bringas, Constantino González e Sergio López, Laroca Nigran A; e o Laroca Nigran B formado por Ricardo Fernández, Patricio Salgado, Jose Manuel Ben e Jorge Carneiro.


Nesta ocasión non fomos capaces de alcanzar o podium e o Laroca Nigran A quedamos as portas con un 7º posto e 8 puntos enpatado có Circulo Ferrolano (5º posto) e Club Xadrez Rianxo (6º posto); mentres que o B logramos 5 puntos por 2 vitorias e un empate.

A experiencia foi boa e seguramente voltaremos o próximo ano a participar neste torneo de Copa, voltaremos a procurar facer unha gran xornada de liga, como fixemos este ano, e estaremos mais preparados para procurar logran un mellor resultado nesta outra competición.


Trasladamos o enlace a páxina web donde temos todos os resultados        CADETE        ABSOLUTA





No hay comentarios:

Publicar un comentario