18 may 2019

VI Torneo Xadrez Ramiro Sabell



Seguimos no Circuito Galego de Promoción, e esta vez, no IES Val do Tea de Ponteareas, recibíronnos as persoas que forman parte do Club Xadrez Ramiro Sabell, encargadas, neste día das Letras Galegas, de organizar este interesante torneo.

Mentras os galegas e as galegas, homenaxeamos a Antón Fraguas neste día festivo adicado as Letras Galegas, 222 persoas de toda Galicia disfrutamos de este dia xogando o xadrez neste torneo. 

Os laroqueiros e laroqueiras, tamén nos desplazamos o Val do rio Tea e participamos nas categoría  sub-14 con dous participantes (Diego Martín e Manuel Costas) e absoluto con oito participantes (Mireya Represa, Constantino González, Patricio Salgado, Mauro Sanromán, Jorge Carneiro, Ana Fernández, Laura González e Jose Manuel Fernández).
Diego

Na categoría sub 14 tivemos o bautismo de Manuel, que participaba por primeira vez nun torneo de xadrez, o que non foi nungún atranco e logrou 2'5 puntos grazas a duas vitorias e unhas táboas. Ademáis no sorteo de regalos foi o único laroqueiro afortunado. Que siga a racha Manuel!,e a seguir participando nos seguintes torneos do Circuito, e a lograr puntos e regalos.

Por outro lado e no seu estreno nesta categoría e nos torneos do Circuito, Diego estivo na sua linea e logrou tres puntos dos sete posibles. Diego volve a conectarse ó circuito despois de levar un tempo sin participar en torneos e comezando na sua nova categoría.


Na categoría absoluta o resultado final, despois de sete partidas xogadas a un ritmo de 15 minutos, máis 3 segundos por xogada foi excepcional, con 2 laroqueiras e 3 laroqueiros entre os dez primeiros clasificados.

Mireya e Tino
Para comezar, Mireya Represa ocupou o 1º posto logrando o campeonato na categoría absoluta con un pleno de 7 vitorias e un performance de 2354. 

Mauro e Ana
A seguinte laroqueira foi Ana Fernández que ocupou o 5º posto partindo do posto 21 no ranking inicial, con 5 puntos (4 vitorias e 2 taboas) e un performance de 1441.


Laura e Jorge
Seguimos con Jorge Carneiro que con 5 puntos tamén (5 vitorias e 2 derrotas) rematou na clasificación xeral no 8º posto con un performace de 1542.

No 9º posto clasificouse Patricio Salgado (4 vitorias e 1 taboas con 1545 performace) seguido de Mauro Sanroman (3 vitorias e 3 taboas con 1524 performace) no posto 10º e con 4'5 puntos os dous.

Patricio
No posto 16º con 4 puntos rematou Tino (performace 1505), tras conseguir 3 vitorias e 2 taboas e ter que enfrentarse en duas partidas fraticidas a Mireya e a Mauro.

Jose
O noso presidente, Jose Manuel, rematou no posto 38 con tres puntos logrados grazas a tres vitorias, unha delas conseguidas contra o seu eterno rival Jose Carlos Represas. Sigue así Presi, ano a ano mellorando.

Laura con dous vitorias e unhas taboas logrou 2'5 puntos e rematou no posto 40 da xeral. Igual que ná Garda repetiuse o enfrontamente de Laura contra Jorge.


Lembramos para rematar o primeiro posto da nosa compañeira Mireya tras lograr superar todas as suas partidas e polo tanto un pleno absoluto.




E o encontro na comida cas sufridoras acompañantes.





No hay comentarios:

Publicar un comentario