Hoxe deu comezo, con 109 xogadores inscritos, este torneo en Sanxenxo no Hotel Carlos I. Un marco ideal para un torneo moi ben organizado e dirixido por Roi Reinaldo coa arbitraxe do AI Alvaro Reinaldo asistido por Edda Beltran e Graciela Redondo.
O Club de Xadrez Laroca esta representado por Breixo que gañou a primeira partida e descansa na seguinte rolda e Paco que tras unha dura loita co forte xogador de Fontecarmoa Gonzalo Bouza-Brey cedeu o primeiro punto. Mañá enfrontase a Celestino Redondo.
Tamén participa o ex-laroqueiro Cibrán que foi derrotado na primeira rolda polo experimentado xogador ourensán Joaquin Bello. Cibrán acompañara a Mireya a partir do 2 de xullo a Salobreña (Granada) onde se disputará o Campionato de España Sub12.
¡¡¡¡Moita sorte para tod@s!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario