28 ene 2018

Primeira xornada da Liga Galega de Xadrez 2018


Onte, 27 de xaneiro deu comezo a liga galega de xadrez 2018 na que participan cinco equipos do club xadrez Laroca. Unha tempada máis imos procurar os mellores resultados posible con moitas gañas de mellorar os bos resultados do ano pasado.


En primeira división o LAROCA A participa no grupo C:


Nesta primeir xornada desplazouse a Coruxo para enfrentarse a MOSEFESA & THE WAILERS, recen ascendido esta tempada, onde conseguiu un empate a dous puntos. Nesta ocasión no primeiro taboleiro con negras xogou Mireya Represa (1-0), no segundo con brancas Constantino González (0'5-0'5), no terceiro con negras Sergio López (1-0) e no cuarto con brancas o xogador do Laroca-C Avelino Iglesias (0'5-0'5).

En segunda división no grupo E temos o LAROCA-B e o LAROCA-C

O primeiro encontro celebrouse en Nigrán con o enfrontamento dos dous equipos laroqueiros, con unha victoria do Laroca-C por 3'5 puntos a 0'5 . Estes puntos foron logrados por Artai Bringas no primer taboleiro con brancas contra Patricio Salgado, Carlos Groba no taboleiro tres con brancas contra Rafael Simoes e Antonio Díaz no cuarto taboleiro con negras contra Jose Manuel Araujo; o último resultado foron unhas taboas no taboleiro dous entre Jorge Carneiro e Daniel Vaz.



En terceira división tamén son dous os equipos inscritos este ano, IES AUGA DA LAXE e MALLÓN

O enfrontamento de estos dous equipos na primeira xornada rematou con victoria do IES AUGA DA LAXE por 3'5 puntos a 0'5. As tres victorias foron logradas por Pablo Pérez no primeiro taboleiro contra Mauro Sanromán, Laura Gonzalez no tercer taboleiro contra Guillermo Cousido e Jose Manuel Fernández no cuarto taboleiro contra Rafael Marquez; o empate produxose no segundo taboleiro entre Ana Fernández e Ricardo Fernández.



No hay comentarios:

Publicar un comentario