Podium final con Mireya como mellor femenina |
Sub-10: (1 participante) David González Iglesias
Sub-12: (3 participantes) Marcos Rego Calvo, Diego Martín Abalde, Marcos González Iglesias
Sub-14: (1 participante) Mauro Sanroman Costas
Sub-16: (3 participantes) Artai Bringas Gómez, Ana Fernández Carneiro, Laura González Ferreira
Absoluto: (7 participantes): Mireya Represa Pérez, Francisco Rego Lorenzo, Constantino González Levices, Patricio Salgado Alonso, Jorge Carneiro Penedo, Carlos Groba Presa, Juan Represa Garazo).
Unha nutrida representación que se presentou no torneo con ilusión e gañas de conseguir o mellor resultado posible.
Categoría absoluta:
A xornada do sábado empezou na categoría absoluta con unha partida en familia, Juan e Mireya (pai e filla) enfrontábanse na mesa 6 co resultado final e lóxico de vitoria para Mireya. Tamén destacar o comenzo de Carlos Groba, que na sua primeira experiencia neste tipo de torneo conseguio unha victoria contra todo un 1640.
Na segunda partida do sábado vólvese a producir outro emparellemento interesante, Fran Rego na mesa 1 enfrentouse ó Gran Mestre Ibragim Khamrakulov logrando unhas meritorias taboas. Por outra banda Carlos Groba volveu a dar a sorpresa e conseguíu vencen na mesa 15 a Diego Pereiro (1841 elo).
O final de esta xornada rematou con Mireya e Carlos cun pleno de 2 puntos, Fran e Patricio con 1´5 e Constantino, Jorge e Juan con 1 punto.
O segundo día volveu a comezar forte para os nosos xogadores. Na mesa 7 o Gran Mestre Ibragim enfrontabase outra vez a un laroqueiro, esta vez tocoulle o debutante Carlos, todo un reto que non foi capaz de superar e no que se impuxo a lóxica, rematando con 1 punto para o Gran Mestre.
Destacamos tamén nesta xornada de mañá do domingo o enfrontamento de Carlos e Patricio, no que quedou todo na casa e remotou en taboas, e de Mireya e Ibragim.que rematou a favor do segundo.
Tras estas catro roldas acadaron 3 puntos Patricio e Constantino; 2´5 Mireya, Fran e Carlos; e 2 para Jorge.
A xornada da tarde do domingo volveunos a dar un enfrontamento laroqueiro no que Fran conseguio vencer a Patricio. O pleno nesta jornada conseguirono Francisco Rego e Mireya Represa con 2 puntos mentres que Constantino González, Jorge Carneirio e Patricio Salgado conseguiron 1 punto.
Finalmente a xornada na categoría absoluta rematou con:
Mireya Represa no posto 6 e 4,5 puntos (logrando situarse como primeira feminina na clasificación xeral).
Francisco Rego no posto 8 cos mesmos puntos que Mireya.
Constantino González no posto 15 con 4 puntos.
Patricio Salgado no posto 17 con 3,5 puntos.
Jorge Carneiro no posto 31 con 3 puntos.
Carlos Groba no posto 35 con 2,5 puntos.
Juan Represa (que só xogou as duas partidas do sábado) no posto 54 con 1 punto.
Destacar que excepto Mireya Represa, que se mantivo e Constantino González, que baixou un pouco, o resto conseguimos mellorar o ranking inicial, destacando Carlos Groba que subiu do posto 59 o 35, Patricio Salgado do 24 o 17, Francisco Rego do 18 o 8 e Jorge Carneiro do 39 o 31.
Unha interesante xornada de xadrez no que o Club Laroca deu unha vez máis a talla nun torneo esixente e antesala do inicio da liga que comezará o próximo sábado día 27.
Categorías inferiores:
Os mais pequenos, inda que non conseguiron ningún podium, estiveron na sua liña e dando a cara.
Finalmente a xornada na categoría nas diferentes categorías rematou con:
Finalmente a xornada na categoría nas diferentes categorías rematou con:
Sub-12:
Marcos González Iglesias tamén con 3 puntos rematou no posto 39.
Marcos Rego Calvo con 4 puntos acadou o posto 24 da xeral.
Marcos González Iglesias tamén con 3 puntos rematou no posto 39.
Marcos Rego Calvo con 4 puntos acadou o posto 24 da xeral.
Diego Martín Abalde quedou con 3 puntos no posto 35.
Sub-14:
Mauro Sanroman Costas os seus 4 puntos situarono no posto 7 da xeral a só un punto do primeiro.
Sub-16:
Artai Bringas Gómez con 4 puntos rematou no 4º posto, a un pasiño do podium.
Ana Fernández Carneiro no posto 12 da clasificación con 3,5 puntos rematou empatada a puntos con Paula García, campiona feminina.
Laura González Ferreira acadou o posto 17 con 3 puntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario