Celebrouse nos salóns do Circulo Mercantil de Pontevedra, para pechar o ano xadrecístico, unha edición máis deste emotivo torneo, onde se envorca todo o agarimo dos organizadores da Escola Xadrez Pontevedra.
Coa friorenta de 118 participantes, 14 deles titulados e entre os cales se incluía a nosa flamante WFM Mireya Represa. O torneo disputouse a 9 roldas blitz (15’+5”) que remataron con a victoria do GM Vladimir Petkov (2511 ELO), campión Bulgaro no 2005 e europeo no 2008 e que agora xoga baixo bandeira da FIDE militando na división de honra galega co Circulo Chantadino.
Os nosos participantes, con actuación irregular, chegaron aínda así á última rolda con opcións de conseguir algún dos 3.000€ que se repartían en premios, cada un na súa categoría. Curiosamente, ambos se enfrontaron nesta última rolda cun rival con 2188 de elo, Mireya fíxoo contra o experimentado MI Diego Guerra que, tras unha partida na que houbo opcións para ambos no medio xogo, o mestre ferrolán soubo decantar o seu favor preto do final; pola súa banda Francisco Rego xogou contra Victor Miguel Lago (que fora batido por Mireya en rolda 7) quen soubo impoñer con facilidade o seu superior coñecemento sobre o xogo. Deste xeito escapáronse as aspiracións finais aínda que Mireya foi obsequiada cun libro como segunda clasificada en sub-16.
Aquí tedes os resultados dos dous participantes do Xadréz Laroca Mireya Represa e Fran Rego
-----------ooooo000ooooo----------
Quen foi Ramón Escudeiro Tilde , todo un exemplo de superación.
Un video homenaxe a Ramón Escuderiro Tilde
No hay comentarios:
Publicar un comentario