4 mar 2019

Campionatos Galegos Sub 18 (2019) 4 marzo



Na terceira xornada de estes campionatos este luns de entroido os nervios dos nosos pipiolos están na pel e foi difícil durmir por a noite sen que as imaxes con os movementos necesarios para vencer cheguen a mente e rulen sen poder ser controladas. En calqueira caso a concentración nas partidas de este día foi absoluta e o resultado final o premio a esa concentración. 6'5 puntos de 10 posibles millora o resultado obtido na xornada de onte.


Artai Bringas Gómez na primeira partida de este luns de entroido, a pesar da concentración, non foi quen de vencer a un Andres Rodríguez Ferreiros tamén moi concentrado e que foi capaz de manter a vantaxe que lle da xogar con brancas.
Por a tarde nunha interesante partida contra Pablo Lobato na xogada 13, tras 23 minutos buscando o camiño máis idoneo, atopouno e comezou a por a partida o seu favor, ata que na xogada 35 Pablo rematara abandoando.
4'5 puntos situan a Artai no terceiro posto da xeral a espera do que suceda mañá  nas dúas últimas partidas, comezando na primeira partida contra Alfonso López.

A primeira partida da maná na mesa 8 tiña como contrincantes a Ricardo Fernández López e Oscar Victorero ambos os dous con 2 puntos. Finalmente e despois dunha lónga partida, Ricardo logrou a vitoria que lle deu o seu terceiro punto. Por a tarde tivemos o segundo enfrontamento entre laroqueiros, na mesa 8, Mauro e Ricardo acabaron medindo as suas forzas para rematar con unhas táboas que deixan a Ricardo con 3'5 puntos no posto 12 da xeral.

Mauro Sanromán Costas, antes de medirse a Ricardo na partida da tarde, tivo que gañar a sua partida da mañá contra Brais Vieitez na mesa 13.
3 puntos o situan no posto 18 da clasificación xeral. Mañá martes de entroido terá unha primeira partida a partir das 9:30 da maña contra o sempre compricado Marcos Vázquez.

Na mesa 12 o duelo laroqueiro da mañá Guillermo Cousido Martínez Vs Ana rematou como comezou, unhas táboas e todos tan amigos. Por a tarde Guillermo enfrontábase a un rival de nivel parecido ó seu, logrando superar o reto e pondose con 3'5 puntos e ocupando o posto 13 da clasificación xeral. Comeza Guillermo o martes de entroido con unha partida de esas de vértigo, contra Pablo Lobato, que ven de perder contra Artai, gañar a Mauro e facer taboas con Ricardo. 



Tras as táboas da mañá contra Guillermo, a Ana Fernández Carneiro tocoulle xogar contra Oscar Vitorero, que viña de perder contra o noso Ricardo e co que finalmente acabou asinando unhas novas táboas, un puntiño en total neste día que a situa con 2'5 puntos no posto 28 da xeral e como 3ª feminina. Maña terá que esforzarse especialmente si quere ter opcions a conseguir algunha das dúas prazas que hai para o compionato de España.



Tras esta terceira xornada e sexta rolda a clasificación laroqueira queda así:

Artai Bringas Gómez                 3º clasificado     4'5 puntos

Ricardo Fernández López       12º clasificado     3'5 puntos

Guillermo Cousido Martínez   13º clasificado    3'5 puntos

Mauro Sanromán Costas        18º clasificado    3'0 puntos

Ana Fernández Carneiro         28º clasificada    2'5 puntos


Para nos calquera de estos cinco pipiolos leva dentro un gran campión e merece o mellor, iso lles desexamos neste último día, pero sobretodo o noso principal desexo é que gocen dos beneficios de este gran deporte e rematen o día coa satisfacción de ter dado o mellor de eles mesmos no taboleiro. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario