31 mar 2019

Liga Galega 2019 9ª xornada


Xornada número nove, última en terceira división e antepenúltima en segundo e primeira.
Vitoria contundente de Mallon - Auga da Laxe que supón ocupar o primeiro posto da clasificación xeral e o ascenso a segunda división.
Vitoria en primeira que consolida o Laroca A.
Si Fran, tes razón, que mal saíu o asunto en segunda!! Á derrota do Laroca B que lle da ó Mos B o seu mellor resultado da tempada, únese un mal resultado do Laroca C co Lucena que fai que este último saia do pozo e meta de cheo nel o Laroca B.  

1ª C
ALEKHINE - CORREDURIA TEMPU
0'5  - 3'5
LAROCA-NIGRAN A
2ª E
XADREZ MOS B
3'5 - 0'5 
LAROCA-NIGRAN B
2ª E
LAROCA-NIGRAN C
1'5 - 2'5
LUCENA - XG
3ª K
XADREZ MOS F
0 - 4
MALLON - AUGA DA LAXE




LAROCA NIGRAN A: Como di o noso querido compañeiro Tomás, salvados matemáticamente, pase o que pase de aquí o remate da liga seguimos en primeira o ano próximo. PARABENS CAMPIÓNS.

Mireya Represa, Artai Bringas, Constantino González, Sergio López có resultado de esta xornada conseguiron consolidar a este equipo nos primeiros postos da clasifición e preto de lograr o soño do ascenso a División de Honra, obxetivo do que quedamos a punto e medio o ano pasado, este ano quedaremos seguramente un pouco máis lonxe, pero igual a terceira vai a vencida e o 2020 toca.

Pero agora non toca facer este tipo de valoracións, que non rematou a liga, cada cousa o seu tempo. Agora toca felicitarnos por a contundente vitoria lograda nesta novena xornada con Mireya, Artai e Sergio como gañadores e co medio punto logrado por Tino.


LAROCA NIGRAN B: O tema ponse complicado pero aínda hai puntos e posibilidades. ÁNIMO E PA DIANTE.

Patricio Salgado, Daniel Vaz, Rafael Simoes e Jose Manuel Araujo no seu desprazamento a Mos non tiveron o mellor día nunha xornada que era crucial para este equípo de cara a sair dos postos de descenso.
So Araujo conseguíu quitarlle unhas táboas a David, mentras que os Mosenses Lucas, Pedro e Gabriel conseguiron tres importantes vitoria para o seu equipo que os alonxa dos postos de descenso e deixa o noso equipo nunha compricada situación.
Pero quedan 8 puntos en xogo e non todo está dito, Patricio Dani Rafa Araujo e Paco teñen a nivel suficiente para dar o golpe final nestes dous encontros que quedan e que poidan contar con a axuda do Laroca C na última xornada. 



LAROCA NIGRAN C: A estas alturas da liga e co obxetivo do mantemento da categoría prácticamente conseguido, nesta ocasión non nos xogabamos moito de non ser que o noso rival é un dos equipos que está loitando xunto co Laroca B por non descender.

Nesta ocasión descansaron Tomás e Chema e os encardados de ocupar os catro taboleiros foron Avelino Iglesias, Carlos Grova, Jorge Carneiro e Antonio Díaz.

O Lucena, como era de esperar, presentouse en Nigran totalmente mentalizado e con unha necesidade imperiosa de gañar, o que conseguiu no segundo taboleiro nunha forte disputa entre Carlos e Hugo e no cuarto tabolero con un Sebastian que pillou de sorpresa a Antonio; as outras dúas partidas non foron nada fáciles para os laroqueiros a pesar da vitoria de Jorge contra Javier no tercer taboleiro e as taboas de Avelino no primeiro taboleiro contra Jose Luís.



LAROCA MALLON AUGUA DA LAXE: Estes Pantera Rosa imaxino que despois de lograr quedar primeiros nesta categoría dirían algo así como ¡¡A segunda oe, a segunda oe, a segunda oe a segunda oeoe!!.


De este equipo descansaron nesta xornada Ana, Aguntín, Juan, Osian e Jose Manuel e os que conseguiron estas catro fenomenales vitorias foron Ricardo Fernández, Mauro Sanromán, Guillermo Cousido e Laura González.

Agora só nos queda felicitalos por a gran tempada que fixeron e esperalos a ano próximo en segunda división.

De todalas maneira para eles remata a liga, pero non remata a competición de alto nivel, próximamente os veremos participando na copa cadete como equipo e nos galegos de forma individual. Hai canteira, hai futuro na familia Laroqueira.


En terceira rematou e xa temos campión pero continúa en primeira e segunda e estes serán os enfrontamentos o próximo sábado día 6 de abril de 2019:

1ª C
LAROCA-NIGRAN A
  - 
Grupo nores XADREZ MARIN
2ª E
LAROCA-NIGRAN B
 -
XADREZ ALBATROS B
2ª E
MOSEFESA & THE WAILERS
 - 
LAROCA-NIGRAN C






No hay comentarios:

Publicar un comentario