24 mar 2019

Liga Galega 2019 8ª xornada


Chegamos a xornada número oito na que xa se van definindo as posicións e comezamos a facer números e comprobar cales son as posibilidades que temos cada un de acabar nunha posición ou noutra.
Os Laroqueiros e Laroqueiras tamen facemos esos número e rematada esta oitaba xornada tras conseguir 2 vitorias, 1 empate e 1 derrota vemos que aseguramos o mantemento da categoría para o laroca A en primeira, aseguramos case o 100% o ascenso do Mallon Auga da Laxe a segunda división, aseguramos o mantemento da categoría do laroca C en segunda e mantemos o perigo de descenso para o Laroca B, que terán que facer un esforzo suplementario para manter a categoría nestes tres encontros que faltan, pero que dependen exclusivamente de eles mesmos.

1ª C
LAROCA-NIGRAN A
 2 - 2
BENCHOSHEY SENIOR
2ª E
LAROCA-NIGRAN B
0 - 4
MOS A
2ª E
LAROCA-NIGRAN C
3 - 1
CHIRINGO CONTOS TUI
3ª K
MALLON - AUGA DA LAXE
3 - 1
XADREZ MOS D



LAROCA NIGRAN ATras este importante empate, no quinto posto da clasificación, a 9 puntos do descenso con 12 en xogo asegurada prácticamente a permanencia, un ano máis e a falta de tres xornadas xa podemos asegurar que Mireya, Artai, Tino, Sergio e Fran fixeron un excelente campionato de liga.


Mireya Represa, Constantino González (Tino), Sergio López, Francisco Rego (Fran) en dura disputa cos Benchoshey de Ourense, procuraron os dous puntos que lle deron ese empate e os asenta nos postos cómodos da clasificación, dous puntos consegidos con a vitoria de Fran no cuarto taboleiro e as táboas de Tino e Sergio nos segendo e terceiro taboleiro.




LAROCA NIGRAN B:  Toca sufrir un pouco nestas tres xornada que quedan para rematar a liga, pero dependemos de nos mesmos.


Patricio Salgado, Daniel Vaz, Jose Manuel Araujo e Francisco  (Paco), confirmaron o que se esperaba e finalmente non conseguiron ningunha vitoria contra o Mos A, o que unido os resultados dos seus adversarios directos supón que se sitúen en posicións de descenso.
De todos os xeitos non está todo dito e nestes tres encontros que lles quedan porán todo da sua parte para conseguir manter a categoría.



LAROCA NIGRAN C: Un resultado que nos permite respirar cómodamente. 

Tomás Bernardez, Jose Manuel Ben (Chema), Carlos Groba e Antonio Díaz defenderon as cores de este equipo e cas vitorias de Chema e Carlos e as táboas de Tomás e Antonio conseguiron os 3 puntos do resultado final que lle da a tranquilidade que merecen tras conseguir ata agora 5 vitorias e 3 derrotas con 17 puntos. 





MALLON - AUGA DA LAXE: Importante vitoria a de hoxe que nos pon a 1'5 puntos do ascenso matemático a falta de unha xornada e con un encontro contra o último clasificado "branco e en botella" o ascenso a segunda división está o alcance da man.

Ricardo Fernández, Ana Fernández, Mauro Sanromán, Guillermo Cousido, os Pantera Rosa da terceira división esta vez tampouco defraudaron e ante un rival directo e compricado conseguiron este excelente resultado con vitoria de Ricardo e Guillermo e táboas de Ana e Mauro.

Só a vitoria de Lucena A por 4 a 0 impide que nestes momentos estemos a falar de ascenso matemático. O sábado 30 de marzo de 2019 en Mos, os Pantera Rosa terán que conseguir 1'5 puntos e, pase o que pase có resto dos equipos, estarán en segunda división o ano próximo.

PROXIMA XORNADA  -  30 DE MARZO DE 2019


1ª C
ALEKHINE - CORREDURIA TEMPU
  - 
LAROCA-NIGRAN A
2ª E
XADREZ MOS B
  -  
LAROCA-NIGRAN B
2ª E
LAROCA-NIGRAN C
  - 
LUCENA - XG
3ª K
XADREZ MOS F
 -
MALLON - AUGA DA LAXE




No hay comentarios:

Publicar un comentario