Duas contundentes vitorias e duas tamén contundentes derrotas foi o resultado que conseguiron os nosos equípos nos seus desprazamentos a Marín, A Guarda, Vilagarcía e Mos nesta setima xornada de liga xogada este sábado 16 de marzo de 2019.
1ª C
|
Ence XADREZ MARIN
|
3'5 - 0'5
|
LAROCA-NIGRAN A
|
2ª E
|
XADREZ ALBATROS A
|
3'5 - 0'5
|
LAROCA-NIGRAN B
|
2ª E
|
CXF DEPORTES RODAS
|
0'5 - 3'5
|
LAROCA-NIGRAN C
|
3ª K
|
XADREZ MOS H
|
0 - 4
|
MALLON - AUGA DA LAXE
|
LAROCA NIGRAN A: A 8 puntos do descenso con 16 en xogo asegurada prácticamente a permanencia tras os excelentes resultados das primeiras xornadas, agora toca disfrutar "mamque se pierda".
Mireya Represa, Constantino González, Sergio López, Francisco Rego, no seu desprazamento a Marín, ante un rival directo, só conseguiron o medio punto das táboas de Tino no segundo taboleiro.
Pero duas semanas casí en branco non supoñen ningún problema para este equipo que sigue mantendo e asegurando o seu obxectivo de manter a categoría.
LAROCA NIGRAN B: Un ano máis pode tocar sufrir na recta final da liga.
Patricio Salgado, Daniel Vaz, Jose Manuel Araujo e Guillermo Cousido (do equipo de terceira). Logran medio punto por as táboas de Patricio no primeiro taboleiro, contra o compricado Albatros A, actualmente segundo clasificado, que conta por vitorias todos os seus enfrontamentos.
Esta derrota pon a este equipo nunha situación máis compricada no momento en que ten que recibir o sábado próximo a Mos A, primeiro clasificado e que conta tamén con contundentes vitorias.
LAROCA NIGRAN C: Un resultado que nos permite respirar cómodamente. Estaba claro que a situación de posto de descenso de hai dúas semanas foi unha especulación.
Jose Manuel Ben, Avelino Iglesias, Carlos Groba, Jorge Carneiro, en Vilagarcía atopou un Deportes Rodas compricado a pesar do cal conseguiu unha vitoria contundente na que Chema no primeiro taboleiro quitou unha táboas e o resto foron tres vitorias.
Con este resultado este equipo logra situarse nunha posición cómoda na clasificación xeral de cara a enfilar a fase final da liga.
MALLON - AUGA DA LAXE: Cada día máis preto do ascenso a segunda división. Increible resultado rosa o logrado este sábado en Mos.
Ricardo Fernández, Ana Fernández, Mauro Sanromán e Laura González, En Mos promocionaron o color que están a intentar impor na equipación futura do Club Xadrez Laroca ademáis de ratificar o seu estado de forma logrando outra contundente vitoria con eses catro puntos que os consolida nos postos de ascenso a falta de dous encontros.
Dame que estes rapaces e rapazas van sen quen de convencernos de que igual o negro ten que deixar de ser a cor da nosa equipaxe e estou convencido de que lograrán o seu obxectivo deportivo tamén.
Seguinte xornada 23 de marzo de 2019 as 17:00 horas
1ª C
|
LAROCA-NIGRAN A
|
-
|
BENCHOSHEY SENIOR
|
2ª E
|
LAROCA-NIGRAN B
|
-
|
MOS A
|
2ª E
|
LAROCA-NIGRAN C
|
-
|
CHIRINGO CONTOS TUI
|
3ª K
|
MALLON - AUGA DA LAXE
|
-
|
XADREZ MOS D
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario