Este sábado 18 de febreiro o Club Xadrez Laroca afrontamos a cuarta xornada
da liga Galega de Xadrez e nesta xornada seguimos mantendo as espadas no alto.
Nesta ocasión conseguimos 4 vitoria e 1 derrotas, o que fixo desta unha xornada
excepcional.
Segunda división grupo E:
O LAROCA-B, nos nosos locais de
Nigrán, enfrontouse ao CXF - MESON DERBY
e a pesar de enfrontarse a un rival a priori máis potente logrou 1 punto
e continúa fóra dos postos de descenso.
O LAROCA-C, desprazouse a Tui para enfrontarse a un rival directo, o CHIRINGO
CONTOS TUI , onde Artai, Chema, Guillermo e Jorge lograron unha excelente vitoria
con 3 puntos que os sitúan no posto 5-6 empatado co CSF - PUB MUSARAÑA cun
total de 8,5 puntos.
Terceira división grupo I:
IES AUGA DÁ LAXE-LAROCA, volveu a Mos para enfrontarse nesta
ocasión ao CLUB XADREZ MOS E, co obxectivo de seguir mantendo a 1ª posición que
ocupaba na terceira xornada. Conseguido o obxectivo e cunha vitoria por 4-0, os
nosos campións manteñen esa 1ª posición. Nesta ocasión tocoulles defender os
taboleiros do equipo a Pablo, Ana, Hugo e Osián e fixérono de 10.
MALLON-LAROCA, desde a 4ª posición na clasificación na terceira xornada, recibiu nos locais de Nigrán ao EXP - CSCR BEADE. Un resultado final de 4-0
sitúa ao noso equipo no terceiro posto a 1,5 do segundo e cada vez máis preto do ascenso a segunda división.
Esta foi a mellor xornada ata o momento para os Laroqueiros. O xadrez do Val Miñor continuou
proporcionándonos alegrías conseguindo uns resultados fabulosos.
A próxima semana descansamos pola celebración dos Campionatos Galegos
Entroido 2017
(Enlace)
nos que tamén estaremos presentes coa participación de Artai Bringas, Ana
Fernández Carneiro e Hugo Rego na categoría de Sub-14, Mireya Represa en Sub-16 e David
Represa en Sub-10. Desexamos desde estas páxinas a estes Laroqueiros que teñas
a forza e sorte necesarias para conseguir grandes resultados e sobretodo que sexan
capaces de gozar con este gran deporte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario