12 feb 2017

3ª xornada da Liga Galega de Xadrez


Este sábado 11 de febreiro tivo lugar a terceira xornada da liga galega de xadrez na que o Club Xadrez Laroca de Nigran obtivemos unha vitoria (IES Auga da Laxe), dous empates (Laroca A e Laroca B) e dúas derrotas pola mínima (Laroca C e Mallón).



No grupo C da primeira división, o Laroca A conseguiu, tras unha endiablada loita sobre os taboleiros, un meritorio empate contra o Knobbe Cafetería & Marín A, o que o coloca na metade da táboa con 6,5 puntos. Os dous puntos foron conseguidos por Mireya no taboleiro 1 e Constantino no 2.

No grupo E da segundo división, o Laroca C logrou 1,5 puntos contra o Mosefesa & The Wailers, equipo que ocupa nestes momentos a segunda posición do grupo con 8 puntos. Estes 1,5 puntos da xornada de hoxe sitúanos no posto oitavo  da táboa.

Tamén no grupo E da segunda división o Laroca B desprazouse a Vilagracía e logrou un empate contra o CXF Pub Musaraña. Este resultado mantén ao noso equipo fóra dos postos de descenso. A liga acaba de empezar e quedan moitas xornadas por diante, seguro que seremos capaces de manter o obxectivo de manternos na segunda división.

No grupo I da terceira división deuse o mellor resultado da xornada para a familia Laroqueira. O IES Auga dá Laxe conseguiu unha vitoria por 4-0 contra o Vila de Bouzas C, o que os coloca en postos de ascenso con 10,5 puntos. As grandes promesas deste club que forman parte deste equipo, están destinadas a darnos grandes alegrías.


 Doutra banda, o Mallón desprazouse a Vigo para enfrontarse ao equipo da ONCE onde conseguiron 1,5 puntos, o que os sitúa en metade da táboa. Destacar a vitoria da gran Sara, que subiu do equipo Promesas IES Auga dá Laxe de cuarta división, e as táboas que conseguiu Mauro contra a experimentada Carmen.


Seguimos loitando por conseguir que o Laroca siga sendo un gran club e, sobretodo, unha gran familia composta por amantes deste gran deporte. Despois desta terceira xornada seguimos mantendo os obxectivos que nos marcamos a inicio da xornada, cos equipos A, B, C e Mallón en metade da táboa das súas correspondentes categorías e ao IES Auga dá Laxe en postos de ascenso a segunda división.


Clasificación 1ª división grupo C
Clasificación 2ª división grupo E
Clasificación 3ª división grupo I

No hay comentarios:

Publicar un comentario