12 feb 2017

Liga Galega 2017



O pasado 28 de xaneiro comezaba a liga galega de xadrez 2017, coa participación de 7 equipos do noso club (un equipo en 1ª división, dous en 2ª, dous en 3ª e dous en 4ª). Un total de 44 persoas amantes de este deporte participaremos este ano con ilusión e con ganas de conseguir tódoslos éxitos posibles e, sobretodo, de divertirnos e aprender.


O Laroca-A participa no grupo C da primeira división cun equipo formado por Breixo Álvarez, Mirya Represa, Constantino González, Sergio López, Francisco Rego e Tomás Bernardez. Con este equipo, recentemente ascendido de segunda división, aspiramos a manternos nesta categoría e, como soñar é gratis, porqué non, a ascender a división de honra.

Laroca C - Laroca B

No grupo E da segunda división participamos con dous equipos, o Laroca-B, (Patricio Salgado, Daniel Vaz, Rafael Simoes, Jose Manuel Araujo, Francisco Javier Vazquez e Gabriel Salceda) e o Laroca-C  (Iago Leiros, Artai Bringas, Jose Manuel Ben, Avelino Igrexas, Guillermo Penas e Jorge Carneiro). O ascenso será complicado pero un obxectivo alcanzable é conseguir que os dous equipos mantéñanse e por ser alcanzable loitaremos por que sexa realidade.


Os outros dous equipos xogarán no grupo I da terceira división. O IES Auga dá Laxe, (Pablo Pérez, Ana Fernández, Hugo Rego, Laura González, Osián Pombo, Xoan Carlos Pombo e Jose Manuel Fernández) e o Mallón (Lua Alvarez, Juan Manuel Represa, Agustín Alvarez, Constantino Prol, Mauro Sanromán, Matías Rajo, Carlos Carreira). Nesta categoría son dous os equipos que ascenden a segunda e un deses dous tentaremos que sexa do Club Laroca.


Campións cuarta división 2016
Proximamente celebrarase tamén a liga de cuarta na que tamén teremos participación Laroqueira e na que volveremos tentar, como o pasado ano, chegar a ser os campións. Os mozos e mozas do Promesas Auga dá Laxe (Sara González, Marcos Rego, David Represa, Diego Martín, Roque Fernandez e Brais Fernandez) e do Promesas Mallon (Diego Pazo, Guillermo Cousido, Iago Vilas, Adrián Vilas, Rafael Marquez e Ricardo Fernández) volverán loitar nos taboleiros para tentar cando menos repetir o resultado conseguido o ano pasado.


A familia Laroqueira este ano tamén conseguiremos alcanzar o obxectivo principal deste club, divertirnos co xadrez e potenciar a práctica deste gran deporte no Val Miñor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario