28 feb 2017

Rematou Viveiro 2017


Rematado o Campionato Galego de xadrez nas categorías sub-10, sub-14 e sub-18 nos que un ano máis xadrecistas do noso club dérono todo e conseguiron poñer ao Xadrez Laroca onde ten que estar.

Este ano os nosos cinco magníficos atopáronse cun alto nivel pero souberon defender o pavillón conseguindo en total 20,5 puntos de 40 posibles. Ademais voltamos de Viveiro con dous trofeos nas categorías femininas sub18 e sub14.

Mireya Represa Pérez en categoría sub-18 e cos seus recentemente cumpridos 16 aniños, logrou gañar 5 partidas e perdeu 3, terminando no posto oitavo e como primeira muller, o que lle deu o trofeo de campiona de Galicia na sua categoría. Tras conseguir 1 punto cada un dos tres primeiros días, no último día conseguiu superarse a se mesma e gañar as dúas partidas disputadas. Desde o club queremos dar moito ánimo a nosa recentemente nomeada Mestra FIDE Feminino e aos seus pais recomendarlles que vaian pensando en ampliar o andel de trofeo.


Artai Bringas Gómez, en categoría sub-14, xunto con Mireya unha das nosas grandes promesas de futuro, só unha derrota na última partida evitou que saíse invicto de Viveiro.  3 vitorias e 4 táboas fixeron que terminase con 5 puntos de 8 posibles. Este resultado colócao no oitavo posto da clasificación final, o mesmo do seu ranking inicial neste campionato.
Este é un fenomenal resultado neste duro e extremadamente complicado torneo, seguro que seguirá progresando e pondolle cada vez as cousas máis compricadas ós seus contrincantes. O futuro é teu Artai, animo e pa diante.

Ana Fernández Carneiro tamén en sub-14 continúa coa súa progresión e conseguiu ser a segunda muller do campionato na súa categoría. Partindo do posto 26 no ránking inicial logrou, con catro vitorias unhas táboas e 4,5 puntos, rematar no posto 18 da clasificación xeral final.
As dúas últimas partidas, xogando con negras nas dúas, foron súas. A última partida de vertixe, na que conseguiu aguantar a presión e despois de tres horas e media de xogo, foi a que lle deu a segunda praza entre as mulleres e a convertiu en subcampiona de Galicia 2017.



Hugo Rego Calvo, na mesma categoría que Ana e Artai conseguiu 3 meritorios puntos, terminando no posto 35 da clasificación xeral. Tendo en conta que partía no ránking inicial no posto 41 e o seu obxectivo principal era adquirir ELO e pasalo xenial podemos valorarlo como un bo resultado ó lograr o obxectivo que se propuxera. Non nos queda máis que felicitalo e animalo a continuar disfrutando con este deporte.





David Represa Gómez, o noso representante na categoría Sub-10 terminou no posto 28 tras gañar 3 partidas. Moito camiño queda a David e estamos convencidos que mentres se siga divertindo con este deporte conseguirá progresar o suficiente como para poñerllo moi complicado a calquera que se atreva a sentar frete a el cun taboleiro de xadrez diante.




Tras catro días en Viveiro os Laroqueiros e Laroqueiras voltan a casa con a mochila chea de puntos e trofeos, pero sobre todo satisfeitos despois de vivir unhas xornadas intensas de xadrez, este deporte que lles proporciona tantas satisfaccións. Un ano máis o Club Xadréz Laroca de Nigran estivo dignamente representado no campionato do Xadrez Galego.

Pero isto non remata aquí, o vindeiro sábado continúa a liga na que estes campións e campionas seguirán demostrando a súa valía. Mireya no Laroca-A de primeira división, Artai no Laroca-C de segunda, Ana e Hugo no Auga dá Laxe de terceira e David no equipo de cuarta, seguirán sendo un puntal importantísimo nos seus respectivos equipos.

Hugo Rego, David Represa, Mireya Represa, Ana Fernández, Artai Bringas
CLUB XADRÉZ LAROCA


Mireya Represa Pérez, campiona de Galicia na categoría Sub18   Clasificación final
Ana Fernández Carneirio, subcampiona de Galicia na categoría Sub14   Clasificación final

No hay comentarios:

Publicar un comentario