Viveiro 25 a 28 de febreiro de 2017 |
En terras de Viveiro estase a celebrar este fin de semana o Campionato
Galego de xadrez nas categorías sub-10, sub-14 e sub-18.
Desde o día 25 ao 28 de febreiro terán lugar un total de oito partidas a un
ritmo de xogo de 60 minutos + 30 segundos para a categoría Sub-10 e 90 minutos
+ 30 segundos para as outras dúas categorías.
Como non podía ser de outro xeito, este ano tamén hai unha importante
representación do Club Xadréz Laroca de Nigrán en estos campeonatos galegos. Mireya Represa en sub-18, Artai
Bringas, Ana Fernández e Hugo Rego en
Sub-14 e David Represa en Sub-10 son os Laroqueiros e Laroqueiras que decidiron trasladarse hasta A Mariña lucense para procurar alcanzar os máis altos postos no ranking do Xadréz Galego.
Temos grandes esperanzas depositadas nos nosos representantes e nas dúas
primeiras xornadas non nos decepcionaron.
Ana Fernández ocupa o posto 14 da clasificación,
posición á que conseguiu ascender desde o posto 26 do ránking inicial. Dúas
vitorias e unhas táboas colócana como a segunda muller empatada a puntos con Mar ta Quintas, a súa última rival e coa cal, a pesar
de separarlle un total de 200 de ELO, conseguiu unhas meritorias táboas. Mañá
na súa primeira partida terá que enfrontarse a un moi difícil rival para ela,
Angel Rodríguez Ferreiro do Club Fontecarmoa, pero estamos seguros que poñerá
toda a carne no asador para tentar conseguir un bo resultado.
Hugo Rego, con dúas táboas e 1 punto ocupa o posto
38, partindo do posto 41 no seu ránking inicial. A partir de mañá empeza a
xogar na súa liga e seguro que conseguirá moi bos resultados. Todos os
Laroqueiros e Laroqueiras enviámoslle desde Nigrán moita forza.
David Represa, represéntanos na categoría Sub-10 onde
nestes momentos levan xogadas seis partidas, nas que conseguiu tres vitorias e
por tanto 3 puntos que o sitúan no posto 22 dun total de 37 participantes.
Partiu do posto 34 no ránking inicial e estamos convencidos que conseguirá no
que queda de campionato mellorar a posición actual.
Mireya Represa, dúas partidas gañadas e dúas perdidas
colócana na décima posición da clasificación xeral con 2 puntos. A pesar de non
empezar moi ben este campionato estamos seguros que nos dous días que quedan conseguirá
superarse a se mesma, como sempre fai, e situarse nos postos que lle
corresponde.
Laroqueiros e Laroqueiras en Viveiro, dende Nigran mandámosvos moitas boas
vibracións para que podades conseguides os mellores resultados, pero sobre todo
desexamos que o pasedes moi ben e disfrutedes de este gran deporte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario