Unha nova xornada de liga celebrouse este sábado 4 de marzo. A 5ª xornada
celebrouse con diferentes resultados para os nosos equipos que seguen mantendo
todas as súas opcións en cada unha das categorías. 3 vitorias, e 2 derrotas foi o resultado final dos nosos representantes nesta liga.

Na Primeira división o LAROCA-A enfrontouse a EXP UVIGO nos nosos locais de
Nigrán e conseguiu a súa 3ª vitoria ante un rival directo. Nosa recentemente
Campioa de Galicia sub-18, Mireya Represa, fixo unha gran partida e conseguiu
unha meritoria vitoria no primeiro taboleiro, o mesmo resultado de Tino, Sergio
e Fran. Un 4-0 final que os sitúa nos postos de cabeza na clasificación xeral e que nos acerca o obxetivo inicial de manterse nesta categoría e incluso, porqué non, de soñar con a posibilidade do ascenso a categoría de honor.
Na segunda división os nosos dous representantes conseguiron senllas vitorias
ante os que ocupan os últimos postos na clasificación xeral.
O LAROCA-C enfrontábase a XADREZ ALTAMIRA, un rival en principio alcanzable. O resultado final foi de 3´5-0´5 cunha
incomparecencia do equipo foráneo e sitúa aos Laroqueiros no quinto posto da xeral a 0`5 puntos do cuarto, un posto que, no ecuador da liga, proporciona unha certa tranquilidade.
O LAROCA-B desprazouse a Pontevedra
para enfrontarse ao EXP ZONA INFORMÁTICA. O seu triunfo cun resultado de 0-4
afástaos un pouco máis dos postos de descenso e sitúaos a catro puntos do décimo clasificado. Patricio, Rafa, Araujo e Gabriel son os responsables de esta importante victoria absoluta.

IES AUGA DÁ LAXE no seu desprazamento aos locais da ONCE, non foi capaz de
dobregar a un dos equipos complicados do grupo, cultivando a súa primeira
derrota da tempada. Logrou un resultado de 3´5-0´5, a pesar do cal continúan
mantendo o primeiro posto na clasificación xeral.
MALLON desprazouse a Mos e tampouco conseguiu dobregar ao seu rival,
cultivando un resultado de 2´5-1´5. Unhas táboas de David e unha vitoria de
Juan proporcionáronlle este punto e medio ante este rival que ata hoxe ocupaba
o terceiro posto na clasificación xeral, o que mantén despóis da xornada de esta qinta xornada. A pesar desta derrota, conseguimos manternos no cuarto
posto da xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario