28 mar 2017

Cuarta división Liga Galega de Xadrez 2017


Así comeza a fase inicial Pontevedra Sur de cuarta división da liga galega de xadrez 2017. Este ano o Club de xadrez Laroca aceptamos o reto de organizalo e nas instalacións do IES Auga dá Laxe de Gondomar puxémonos ao tema.




Cunhas instalacións excepcionais para practíca deste deporte e o esforzo dos Laroqueiros e Laroqueiras para que todo estivese nas mellores condicións posibles, ás catro da tarde estaba todo preparado para comezar. Enfrontábamonos a un reto importante con 27 equipos, máis de 150 participantes e un total de 48 partidas xogándose ao mesmo tempo, un reto que esperábamos superar cos menos erros posibles e con moitas ganas.

Esta competición está pensada para que os e as novas xadrecistas teñan unha oportunidade de medirse a outros que como eles e elas están a empezar a gozar deste gran deporte. As partidas xogábanse a un ritmo de xogo de 10 minutos con 5 segundos de incremento. 

A primeira fase, que se celebraba na tarde deste domingo 26 de marzo de 2017, era eliminatoria. De cada un dos catro grupos nos que se dividiron os 27 equipos participantes, os dous primeiros pasarán a unha segunda fase final que se celebrará nestas mesmas instalacións o vindeiro domingo. 
  


Ás catro e cuarto comezou oficialmente a competición e todos os nenos e nenas participantes enfrontáronse ás súas respectivas partidas coa ilusión de gañar e sobretodo de divertirse, baixo a presión do seu rival e do tempo limitado. Como sempre cún apertón de mans e o desexo de sorte ao seu rival, os reloxos se puxeron en marcha e comezaron a poñerse en marcha tamén as mentes para procurar a mellor xogada que os levara a vitoria final.

Con moita tensión por parte dos xogadores e, como non, dos sufridores pais e nais, acompañantes e delegados e delegadas dos equipos, as partidas foron avanzando o longo da tarde sin ningunha incidencia a destacar e con unha gran deportividade. 

O final os equipos clasificados para a fase final do próximo domingo foron os dous primeiros de cada grupo.

No Grupo A : Bellavista con 20.5 puntos e Promesas Mallón con 20.
No Grupo B : Apostol con 21.5 puntos e Lucena-Porriño A con 17.5
No Grupo C : Xadrez Ramiro Sabell A "ANPA Pena do Equilibrio" con 16.5 puntos e Promesas Auga da Laxe con 13.5.
No Grupo D:  Escola Bouzas A con 19 puntos e  Lucena Escolar con 16.5 .


E como non, esto rematou con a entrega de obsequios os participantes e os correspondentes diplomas para todos e todas.

Como xa comentamos, o próximo domingo 2 de abril nas mesmas intalacións do IES Auga da Laxe de Gondomar terá lugar a fase final na que os oito equipos clasificados se enfrontarán entre eles.


Promesas Auga da Laxe
Nesa fase final estarán dous dos catro equípos que representaron o Club Xadrez Laroca nesta xornada. Os rapaces e rapazas do Promesas Mallón e do Promesas Auga da Laxe procurarán mellorar o primeiro e terceiro postos acadados nesta mesma cuarta división o pasado ano.










GRUPO A
N
EQUIPO
PUNTOS
SONN

BELLAVISTA
20.5
194.00

PROMESAS MALLON
20.0
185.50

BOUZAS-ESCOLAS DEPORTIVAS A
15.0
108.50

LUCENA PROMESAS
11.0
67.25

ACLUDI
10.5
92.50

CLUB XADREZ MOS H
6.0
21.25

XADREZ ALBATROS D
0.0
0.00

GRUPO B
N
EQUIPO
PUNTOS
SONN

APOSTOL
21.5
222.25

LUCENA - PORRIÑO "A"
17.5
150.25

XADREZ RAMIRO SABELL C "JOYERIA GALLEGO Y REINA TOUR"
15.5
133.25

PROMESAS AUGA DA LAXE B
9.5
104.50

CLUB XADREZ MOS G
9.5
72.50

AREA GLOBAL ASESORIA
5.5
49.25

VILA DE BOUZAS - EX CAN PEON
5.0
39.50

GRUPO C
N
EQUIPO
PUNTOS
SONN

XADREZ RAMIRO SABELL A "ANPA PENA DO EQUILIBRIO"
16.5
137.50

PROMESAS AUGA DA LAXE
13.5
109.50

GRUPO DISMARE
10.0
92.50

LOYOLA
8.0
63.50

ESCOLA DE BOUZAS B - COLEGIO MONTERREY
6.0
54.25

LUCENA - PORRIÑO "B"
6.0
52.25








No hay comentarios:

Publicar un comentario