19 mar 2017

Exito Laroqueiro na 7ª xornada da liga



Unha xornada máis na liga galega de xadrez, xa é a sétima. Os cinco equipos do Club Xadrez Laroca seguimos na loita e cumprindo obxectivos. Esta era unha  xornada complicada para os Laroqueiros que, unha vez máis, foi resolta con éxito.

Resultados dos nosos equipos na xornada:

LAROCA-NIGRAN A
1.5 - 2.5
XADREZ OURENSE B
LAROCA-NIGRAN B
2,5 - 1.5
CLUB XADREZ MOS A
XADREZ ALBATROS A
2 - 2
LAROCA-NIGRAN C
IES AUGA DA LAXE
3.5 – 0.5
EXP-CSCR BEADE
CLUB XADREZ MOS E
0 - 4
MALLON LAROCA

LAROCA A

Na primeira división no grupo C, o equipo do Laroca A enfrontouse na sede do club de Cotros ao Xadrez Ourense B para intentar alcanzar a segunda posición da táboa clasificatoria. Finalmente non foi posible e despois de 7 roldas, esta é a primeira derrota dos nosos campions a pesar do cal conseguen ascender á terceira posición na xeral, grazas o punto e medio pola vitoria de Fran Rego e as táboas de Tino González.


LAROCA B
No grupo E da segunda división o equipo de Laroca B enfrontábase a unha xornada difícil ante o Mos-A con a necesidade de conseguir puntos que os sitúen lonxe dos postos de descenso. Dito e feito, vitoria conseguida por 2,5-1,5 e ascenso a septima posición. Dani e Araujo venceron ós seus contrincantes e as táboas de Paco desfixeron o empate a favor dos laroqueiros.
Por outra banda, tamén se presentaba unha xornada complicada  neste mesmo grupo E da segunda división para o Laroca C, que se desprazou á Guarda para enfrontarse ao actual segundo clasificado da categoría, o Albatros A. Este empate sabe a vitoria por o compricado do rival , con as vitorias de Artai e Chema e unha intensa partida de catro horas de Guillermo que finalmente non conseguiu gañar. A estas alturas da liga manterse nesa cómoda quinta posición na clasificación xeral era unha posibilidade que non estaba prevista, pero queda demostrado que este equipo inda pode dar moitas sorpresas.

MALLON - LAROCA
IES AUGA DA LAXE - LAROCA
Na terceira división no seu grupo I, o equipo do Mallón Laroca desprazárase a terras da Louriña para enfrontarse ao Mos-E a procura dos catro puntos en xogo que os achegaría os postos de ascenso. Como non podía ser de outra maneira produciuse esa vitoria e voltaron para Nigran cós catro puntos no peto.
Por outra banda o equipo do IES Auga da Laxe Laroca, despois de unha xornada de descanso o sábado pasado, enfrontouse en Nigrán ao equipo do EXP-CSCR Beade pensando en recuperar o primeiro posto que ocupaban antes de descansar, quedando finalmente, despois da vitoria conseguida, a 0,5 puntos de esa posición. 
Temos que destacar nesta terceira división o apretado da clasificación nos primeiros postos, ONCE con 19 puntos no primer posto e  Mos C con 17 no quinto e entre eles Villa de Bouzas B, IES Auga da Laxe-Laroca e Mallon-Laroca. A falta de dúas partidas está todo por decidir sobre quen ocupará os dous postos de ascenso.

A catro xornadas do remate en primeira e segunda división, e a duas en terceira, os nosos equipos seguen a manter todalas posibilidades para alcanzar os obxectivos marcados o inicio da liga e incluso melloralos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario