28 mar 2017

8ª xornada de liga


Achégase xa o final da liga, estamos a falta de tres encontros en primeira e segunda e unha en terceira, e esta foi unha mala xornada para os equipos do Xadrez Laroca, a pesar do cal seguimos mantendo aos nosos equipos en boas posicións nas diferentes clasificacións xerais.

Tres derrotas e unha soa vitoria foron o resultado final desta oitava xornada de liga.
  
UNIVERSITARIO DE OURENSE A
3.0 - 1.0
LAROCA-NIGRAN A
MOSEFESA & THE WAILERS
4.0 - 0.0
LAROCA-NIGRAN B
LAROCA-NIGRAN C
3.5 - 0.5
EXP CONCELLO DE PONTEVEDRA
VILLA DE BOUZAS B
4.0 - 0.0
 IES AUGA DA LAXE - LAROCA


O Laroca A tiña un complicado desprazamento a terras de Ourense onde non fomos capaces de dar a sorpresa. Nesta ocasión contamos coa inestimable presenza de Artai no cuarto taboleiro, que por un día abandonou o seu equipo Laroca C e foi quen de conseguir a única vitoria para o A en a súa primeira intervención en primeira división. A pesar desta derrota seguimos manténdonos nunha posición cómoda na clasificación xeral, o cuarto posto con 18 puntos e a 6 dos postos de descenso, conservando moi vivas as posibilidades de continuar o próximo ano en primeira.

O Laroca B enfrontábase en Corujo ao primeiro clasificado. A derrota por 4-0 colócanos nunha posición complicada na clasificación xeral, novenos e a só 1,5 puntos do descenso. As tres partidas que restan para o final serán cruciais e situan ao noso equipo con posibilidades reais de manter a categoría, xa que se teñen que enfrontar a dous dos tres equipos que ocupan as tres últimas posicións, o Altamira e o Mos B. A primeira proba de lume será o vindeiro sábado no seu enfrontamento co Chiringo Tui, que ocupa a sexta posición.

A única vitoria da xornada conseguímola co Laroca C, que se enfrontaba en Nigrán a un rival directo. Unha vez máis vivimos unha intensa partida de Guillermo que tras catro horas conseguiu unhas táboas que xunto coas vitorias de Iago no 1º taboleiro, Lino no 2º e Jorge no 4º fan que nos manteñamos na cuarta posición da clasificación xeral. O vindeiro sábado viaxamos a Vilagarcía para enfrontarnos ao CXF Pub Musaraña, que ocupa actualmente a sétima posición, onde tentaremos consolidar a boa posición actual.



En terceira división a Mallon-Laroca tocoulle descansar e o IES Auga dá Laxe enfrontouse ao Bouzas B para tentar manter opcións ao ascenso. Finalmente non foi posible e unha derrota por 4-0 coloca aos laroqueiros sen opcións. A un só encontro do final e a catro puntos do segundo posto, fan que os soños de ascenso desvanézanse definitivamente. De todas maneiras temos que felicitar a estos rapaces e rapazas, teñen moito futuro por diante e coa súa progresión optendrán grandes exitos nese futuro. Tamen felicitacións para Jose Manuel, o seu delegado, que algunha que outra victoria tamen conseguiu, a pesar da sua corta experienza nesto do xadrez. 

O próximo sábado xa sabedes ¡¡a disfrutar!!, que eso é o importante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario