
Despois dunha tarde tensa para os nosos equipos finalizou a 6ª xornada de liga, dunha maneira diferente a que ven sendo habitual. Este sábado 11 de marzo non logramos ningunha vitoria, a persar do cal tres empates e unha derrota singuen deixando aos nosos equipos nunha situación inmellorable para afrontar a segunda metade da liga.
Ao IES Auga dá Laxe de terceira división tocoulle nesta xornada descansar, a todos menos a Ana Fernández Carneiro e Jose Manuel Fernández, que xogaron co Laroca-C en segunda división.
Ao IES Auga dá Laxe de terceira división tocoulle nesta xornada descansar, a todos menos a Ana Fernández Carneiro e Jose Manuel Fernández, que xogaron co Laroca-C en segunda división.
Estes foron os resultados fináis dos nosos equipos:
VILLA DE BOUZAS | 2.0 - 2.0 | LAROCA-NIGRAN A |
LAROCA-NIGRAN B |
1.0 - 3.0 |
XADREZ ALBATROS A |
CLUB XADREZ MOS B |
2.0 - 2.0 |
LAROCA-NIGRAN C |
MALLON - LAROCA |
2.0 - 2.0 |
CLUB XADREZ MOS D |

Doutra banda, tamén destacar a Jose Manuel e Ana, que xogaron por primeira vez na segunda división reforzando o Laroca-C, minguado pola enfermidade de Artai e a imposibilidade de xogar de Iago, Lino e Guillermo. Non conseguiron a vitoria pero fixeron fronte aos seus adversarios. As vitorias de Chema e Jorge conseguiron o empate final que os afianza na quinta posición da xeral.


Tamén o Mallón-Laroca atopábase minguado nos seus efectivos e tivo que botar man de Iago e Adrián, do equipo de cuarta división, que non conseguiron gañar. As vitorias de Juan e Tino foron definitivas para lograr o empate que os mantén con opcións ao ascenso.
As xornadas da liga van pasando e os nosos equipos seguen cubrindo os obxectivos que se marcaron ao principio. A cinco xornadas do final en primeira e segunda división, e a tres en terceira, os Laroqueiros e Laroqueiras seguen mantendo todas as opcións.
Doutra banda adiantamos que este ano as xornadas de liga de cuarta celebraranse no Val Miñor e que o noso club será o encargado de organizalo. Máis adiante trasladaremos toda a información sobre esta xornada de xadrez que dará oportunidade de demostrar as súas habilidades aos máis novos e que, como non pode ser doutra forma, terá representación tamén do Laroca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario