Buscar en este blog ...

27 feb. 2011

Fotos Liga 4ª DIVISION - GRUPO B - CLAUSURA

Os días 20 e 27 de febreiro tivo lugar no CEIP de Mallón  o Campionato de Liga Galega de Xadrez por Equipos. A organización correu a cargo do Club de Xadrez Laroca e nela estiveron implicados: Tino, Agustín, Juan Represa, J.M. Araujo, Lúa, Patricio, Rafa e Mireya que xunto con Lúa entregaron os agasallos a tódolos participantes na cerimonia de clausura.
O noso club participou con dous equipos, o Laroca-Xuvenil “A” e o Laroca-Xuvenil “B”, formados polos xogadores mais novos do noso club e dirixidos por Tino con moito tino.
A cantidade de puntos conseguida polos dous equipos non fixo xustiza a ilusión e tesón que cada un dos 15 xadrecistas do Laroca  (co seu delegado a cabeza) amosaron ao longo de todo o campionato.
Pero a deportividade, o espírito de equipo e o esforzo por facelo o mellor posible estiveron presentes en tódalas súas partidas. Por iso os que tivemos a sorte de presenciar o espectáculo das súas partidas estamos moi orgullosos da súa actuación.

16 feb. 2011

Liga Galega por equipos 4ª División grupo B

O vindeiro domingo día 20 de febreiro arranca o grupo B da 4ª división da Liga Galega de Xadrez.
Como en anos anteriores, as nove roldas disputaranse en dúas xornadas. Este ano o Club de Xadrez Laroca será o anfitrión nas dúas xornadas, facéndose cargo da organización do campionato.
A cita será no CEIP de Mallón. 
O domingo 20 de febreiro a partires das 16:30 disputaranse as cinco primeiras roldas. O domingo 27 de febreiro terá lugar o desenlace coas catro roldas restantes. Este é o cadrante cos equipos participantes

O noso club presenta dous equipos compostos polos xadrecistas máis novos da nosa canteira, con dous obxectivos moi claros:
O primeiro e máis importante é divertirse, pasalo ben xogando ao xadrez e facer novos amigos doutros equipos.
E o segundo é (a ser posible) divertirse máis, pasalo mellor aínda, xogando ao xadrez e facendo máis novos amigos  doutros equipos.


Estes son os xadrecistas que baixo a experta dirección de Tino están chamados a escribir outra gloriosa páxina na historia do noso Club.
Sorte para tódolos que ides a participar. Os que non, se non tedes plan para o domingo pola tarde, pasade polo colexio de Mallón para animar aos máis peques. De seguro que moitos deles non tardarán en dicirnos aquilo de "Mate!!, botamos outra?".

9 feb. 2011

Torneo Internacional Aeroflot 2011

El GM orensano  Iván Salgado (Elo Fide 2626) terminó el Torneo Internacional Aeroflot 2011, que se disputó en Rusia, con un total de 4,5 ptos que le situaron en un 33º puesto de la final. Consulta resultados en la  web oficial.