22 feb 2020

Campionato Galego Entroido 2020 sub-14 sub-18


Rematabamos o anterior post con o mesmo que imos comezar este.

Desexamoslle moita sorte os nosos participantes nos campionatos calegos que se celebran en Padron o fin de semana.

Artai Bringas Gomez, 
Ana Fernandez Carneiro, 
Laura González Ferreira, 
Sara González Ferreira.

¡¡¡¡¡Ánimo e a por todas!!!!!

A duas roldas por día e con un total de 8 roldas, no hotel Scala de Padrón, a so tres kilómetros da Casa Museo de Rosalía de Castro e por tanto inmersos nas terras e lugares que inspiraron á xenial poetisa, comezaba o sábado 22 de febreiro de 2020 as 10'00 horas  con a primeira rolda.

En principio este campionato estaba configurado para duas categorías, unha xeral e outra feminina, pero debido a que o número de mulleres participantes non foi suficiente, integraronse as féminas participantes na categoría xeral.

A primeira xornada para a nosa xente podemos considerala boa. 1 punto logrado por Artai con duas táboas, 1 punto de Sara, 1 punto de Laura e 1 punto de Ana tras unha longa e interesante segunda partida contra Lucas Represas, fan de esta unha primeira xornada fructifera na que conseguimos un 50% de efectividade.

Ademais de poder ver os resultados en  Info64 tamén temos oportunidade de seguir algunhas partidas en directo en Chess24 .

Agora a descansar para enfrontarse a segunda xornada o domingo 23 despois de un potente almorzo, duas novas xornadas que esperamos sean mellor que as de este sábado.

O Almorzo foi potente pero o dia non se deu demasiado ben. Artai logrou 1'5 puntos con unha vitoria por a mañana e unhas táboas por a tarde. O outro punto da xornada foi conseguido por Ana na súa partida da tarde contra a sua amiga Gela. 

Despois de esta xornada e no ecuador da proba así estaba a clasificación dos nosos representantes:
  • Artai Bringas Gómez  queda no posto 12 con 2'5 puntos.
  • Ana Fernández Carneiro no posto 20 con 2 puntos.
  • Sara González Ferreira no posto 28 con 1 punto.
  • Laura González Ferreira no posto 33 con 1 punto. 
A partir de aquí quedaba dar o último pulo o luns e o martes e lograr o máximo de puntos posibles nas catro partidas que quedan. Pero a racha seguiu na mesma dinamica con o engadido de unha lesionada e do empeño de Artai de seguir cas táboas.

A clasificación final para a nosa xente quedou como segue:
  • Artai Bringas Gómez  queda no posto 6 con 5'5 puntos, sin unha soa derrota pero con a metade das partidas en táboas.
  • Ana Fernández Carneiro no posto 27 con 3 puntos, mellorando o seu ELO en 18 puntos.
  • Sara González Ferreira no posto 33 con 2'5 punto, con 3 táboas nas partidas de estes dous últimos días e unha mellora de ELO de tamén 18 puntos.
  • Laura González Ferreira no posto 35 con 1 punto, pero sin poder xogar ningunha partida nestas duas xornada por enfermidade.


16 feb 2020

Liga Galega 2020 4ª xornada


Sábado 15 de febreiro despois da resaca se San Valentín, con todos os poros do corpo rebosantes de amor, sendo as cinco da tarde comezamos unha xornada máis da liga galega co obxetivo de continuar con a boa racha da semana pasada.

Finalmente os resultados, sen ser tan bos como os da anterior xornada, foron importantes, con tres vitorias, un empate e unha soa derrota. 12 puntos de 20 posibles, o que significa un 60% de efectividade.

1ª C  XADREZ VALDEORRAS A1'52'5LAROCA A
2ª ELAROCA B0'53'5CHIRINGO CONTOS TUI
2ª ECLUB XADREZ MOS C13LAROCA MALLON AUGA DA LAXE
3ª KLAROCA C40CLUB XADREZ MOS H
3ª KLUCENA FEMENINO22LAROCA D 

11 feb 2020

Liga Galega 2020 3º Xornada



Unha xornada máis e xa é a terceira. Avanza con paso firme a Liga Galega de Xadrez e por ela imos camiñando os laroqueiros e as laroqueiras disfrutando como ananos.
Os resultados que conseguimos neste sábado 7 de febreiro fan de esta unha xornada histórica na que logramos un total de 15 de 20 puntos posibles, un interesante 75% de efectividade e 5 de 5 vitorias que nos colocan ben colocados

1ª C   LAROCA A 3'5 0'5 UNIVERSITARIO DE OURENSE A
2ª E ONCE VIGO 1 3 LAROCA B
2ª E LAROCA MALLON AUGA DA LAXE 2'5 1'5 VILA DE BOUZAS
3ª K CVC VALLADARES "MONTE DOS POZOS" 1 3 LAROCA C
3ª K LAROCA D  3 1 LUCENA TALENTOS

2 feb 2020

Liga Galega 2020 2ª xornada


Trasladamos a continuación os resultados que se deron para os equipos Laroca nésta segunda xornada, na que conseguimos un total de 9'5 puntos de 16 posibles.

1ª C   AJEDREZ MARCOTE 3 1 LAROCA A
2ª E LAROCA B 2 2 ALAIA ESTUDIO PILATES XADREZ MARIN
2ª E ALBATROS B 1'5 2'5 LAROCA MALLON AUGA DA LAXE
3ª K LAROCA C

Descansa
3ª K VILLA DE BOUZAS B 0 4 LAROCA D