27 may 2019

X PonteXadrez ao aire libre

25 de maio de 2019
Un ano máis na cidade de Pontevedra celebraron o bonito torneo PonteXadrez. A pesar de coincidir con a Copa Galicia Cadete na que o Club Xadrez Laroca participamos con dous equipos, tamén algún decidimos trasladarnos a orela do Lerez e voltamos a disfrutar do que xa é o décimo torneo que organiza o EXP.

Este ano fomos 3, mais 1, mais 3 os que participamos dende o Club Xadrez Laroca. Metidos no lio tócamos explicar este galimatías de número: Os tres fomos Avelino Iglesias, Jorge Carneiro que participamos en absoluto e Manuel Costas en sub 14; máis Anxo o fillo de Avelino, que participou en sub 8 e tres razaces do instituto de Avelino que se anotaron co noso club (Martin, Hugo e Sebastian).

Copa Galicia de xadrez 2019


Xa facía uns aniños (dende 2016 co equipo de cadetes que rematou en 5º posto) que non participábamos nesta competición e este ano presentamos dous equipos en cada unha das categorías que se convocaron.

18 may 2019

VI Torneo Xadrez Ramiro Sabell



Seguimos no Circuito Galego de Promoción, e esta vez, no IES Val do Tea de Ponteareas, recibíronnos as persoas que forman parte do Club Xadrez Ramiro Sabell, encargadas, neste día das Letras Galegas, de organizar este interesante torneo.

Mentras os galegas e as galegas, homenaxeamos a Antón Fraguas neste día festivo adicado as Letras Galegas, 222 persoas de toda Galicia disfrutamos de este dia xogando o xadrez neste torneo. 

Os laroqueiros e laroqueiras, tamén nos desplazamos o Val do rio Tea e participamos nas categoría  sub-14 con dous participantes (Diego Martín e Manuel Costas) e absoluto con oito participantes (Mireya Represa, Constantino González, Patricio Salgado, Mauro Sanromán, Jorge Carneiro, Ana Fernández, Laura González e Jose Manuel Fernández).

12 may 2019

Campionato Galego Lostrego e Rápido 2019



En Vilagarcía de Arousa un ano máis a Federación Galega de Xadrez e o Club Xadrez Fontecarmoa organizan o Campionato Galego Lóstrego e Rápidas 2019.
O sábado 11 as 16 horas comezou o Campionato de Xadrez Lóstrego consistente en 9 roldas a un ritmo de xogo de 3 minutos máis 2 segundos/xogada.
O domingo 12 ás 11 horas tocoulle o turno o Campionato de Rápidas, no que tamén se xogaron 9 roldas esta vez a un ritmo de xogo de 10 minutos máis 5 segundos/xogada.

5 may 2019

XIX Torneo Concello da Guarda 2019


Tras o primeiro torneo do Circuíto Galego de Xadrez de promoción celebrado en Noia o pasado día 1 de maio no que participou o noso compañeiro Fran Rego e rematou no sexto posto da xeral con cinco puntos, este sábado 4 de maio disfrutamos do XIX Torneo Concello da Guarda que contou con participación Laroqueira tanto nas categorías de promoción como na absoluta.