5 may 2019

XIX Torneo Concello da Guarda 2019


Tras o primeiro torneo do Circuíto Galego de Xadrez de promoción celebrado en Noia o pasado día 1 de maio no que participou o noso compañeiro Fran Rego e rematou no sexto posto da xeral con cinco puntos, este sábado 4 de maio disfrutamos do XIX Torneo Concello da Guarda que contou con participación Laroqueira tanto nas categorías de promoción como na absoluta.

Nas categorías de promoción participamos en sub-8, sub-10 e sub-14.

En sub-8 dúas valentes que aprenderon a xogar o xadrez neste ano se estreaban na participación en torneos e en competición. Falamos de Vega Vives e Carolina Pereira

Vega rematou no posto 16 de un total de 36 participantes, tras conseguir tres puntos por dúas vitorias e un byte.

Carolina, das sete partidas puntuou en catro e perdeu tres. Con unha vitoria e tres táboas rematou no posto 26 con 2'5 puntos.

En sub-10 participou o irmán de Vega, Yago Vives, para quen tamén era o primeiro torneo no que participaba e que tamén aprendeu a xogar este ano. Yago rematou no posto 21 de 37 e igualou en puntos o logrado por a sua irmá, tres puntos con duas vitorias e un byte.

Gran torneo o realizado por estas dúas campionas e este campion as que parece que lles entrou con forza o "gusanillo" do xadrez; primeiro ano e xa competindo, algo que non é facil de ver.


En Sub-14 o amigo Marcos Rego ca sua eterna sonrisa conseguiu tres vitorias e os seus correspondentes puntos rematando no posto 16 de un total de 24 participantes.

Este é un moi bo resultado para un Marcos que se enfronta por primeiro ano a esta categoría, na que terá que ir acoplandose pouco a pouco.






En categoría absoluta tivemos unha nutrida participación laroqueira, Francisco Rego, Jorge Carneiro, Guillermo Cousido, Ana Fernández e Ricardo Fernández.


Francisco Rego partía no 10º posto na clasificación inicial e tras cinco vitorias rematou no 9º posto, empatado con catro máis a 5 puntos.

O resto de participantes rematamos todos con 3'5 puntos e no seguinte orden: Guillermo (posto 30), Ricardo (posto 32), Ana (posto 35) e Jorge (posto 36).



Un ano máis vivimos un gran torneo con os nosos compañeiros de A Guarda no que disfrutamos moito. Dende este blog mandamoslle o noso agradecimento á familia do Club Xadrez Albatros e o noso desexo de que sigan mantendo este torneo por moitos anos máis, "e xa son uns poucos".


No hay comentarios:

Publicar un comentario