30 abr 2017

Última xornada da Liga Galega de xadrez 2017

Liga Galega 2017
Onte, 29 de abril de 2017, rematou a liga galega de xadrez 2017 e este foi un día grande para os laroqueiros e laroqueiras. Os nosos equipos culminaron unha excelente tempada. Dous importantísimas vitorias en segunda dívisión grupo E, co ascenso e o descenso en xogo, e unha derrota en primeira grupo C, onde non nos xogabamos nada, foron o remate da participación Laroqueira nesta liga.

Resultados da 11ª xornada:

LAROCA-NIGRAN A
0,5 - 3,5
XADREZ TUI-XADREZ GALEGO A
LAROCA-NIGRAN B
2,5 - 1,5
CLUB XADREZ MOS B
EXP ZONA INFORMATICA
0,5 - 3,5
LAROCA-NIGRAN C


Finalizada esta última xornada o resultado de Laroca nesta liga pódese dicir que foi frutífero, polo que estamos moi satisfeitos do traballo realizado polos nosos deportistas. 

En primeira, o LAROCA A, tivo unha competición tranquila e sen sobresaltos, manténdose sempre nos postos de cabeza. Tres vitorias e 3 empates na primeira fase da liga déronlle a tranquilidade necesaria para afrontar a segunda fase con garantía. O obxectivo inicial era manter a categoría e logrouse con fartura.

En segunda, o LAROCA C na primeira fase parecía estar abonado ao empate pero na segunda as tornas cambiaron e, sobretodo, as catro vitorias consecutivas na recta final situáronnos no segundo posto a só 0,5 puntos do primeiro e por tanto do ascenso. Unha xenial tempada que excede con fartura os obxectivos iniciais, mantendo ata o último minuto as posibilidades de ascenso a primeira.

Tamén en segunda, o LAROCA B conseguiu alcanzar o obxectivo inicial da permanencia, cunha última xornada de infarto na que se atopaban catro equipos con 1 punto de diferenza co último posto de descenso en xogo. O noso equipo dependía de se mesmo e conseguiu a vitoria que precisaba e por tanto manterse un ano máis en segunda.


23 abr 2017

10ª xornada de liga

Liga Galega Xadrez 2017. 10ª xornada

A penúltima xornada da liga galega de xadrez 2017 segue a manter as espadas en alto para os tres equipos de LAROCA que quedan en competición.

A falta da última xornada, o vindeiro sábado, seguen existindo opcións de ascenso para o LAROCA C en segunda división, o LAROCA A ten practicamente garantida como mínimo a cuarta posición en primeira e o LAROCA B dependerá de se mesmo para conseguir manterse en segunda.

______________________________________________________________________________

Resultados dos nosos equipos na 10ª xornada (22/04/17):

AJEDREZ MARCOTE
2 - 2
LAROCA-NIGRAN A
XADREZ ALTAMIRA
2 - 2
LAROCA-NIGRAN B
LAROCA-NIGRAN C
3'5 - 0'5
CXF - MESON DERBY



______________________________________________________________________________

14 abr 2017

O Club Xadrez Laroca tamén estivo en Padrón

Mireya Represa, David Represa e Ana Fernández

Campionatos Galegos Semana Santa 2017 (Categorías: sub-08, sub-12, sub-16, Abosoluta, Feminina e Veterana), no Hotel Scala de Padrón desde o sábado 8 ao venres 14 de abril de 2017.

A participación do noso club nestes campionatos estaba composta por David Represa Pérez en Sub-12, Ana Fernández Carneiro en Sub- 16 e Mireya Represa Pérez en Absoluta. Todos eles participaban en categoría superior á súa.

4 abr 2017

Rematada a fase final de cuarta división

 Así comezou a fase final da Cuarta División Pontevedra Sur da liga Galega de xadrez 2017

Así rematou esta fase final, con diversión festa e son de globos explotando por todas partes.

3 abr 2017

Artai e Ana, dous valores de futuro na II Gala do Deporte de Gondomar


Na II Gala do Deporte do Concello de Gondomar, resultaron premiados dous deportistas do noso Club Xadrez Laroca. Esta vez foron Ana Fernández Carneiro en feminino, que repite por segundo ano, e Artai Bringas Gómez en masculino.

2 abr 2017

3 victorias e 2 derrotas na 9ª xornada de liga


Xornada novena na liga galega de xadrez. Xornada dispar para os equipos do Xadrez Laroca Nigran.  Tres vitoria (Laroca A, Laroca C e IES Auga dá laxe) e dúas derrotas ( Laroca B, Mallon) resultado final.

En terceira división esta era a última xornada e os nosos remataron tamén a sua participación. O IES Auga dá Laxe rematou no terceiro posto da clasificación xeral con 22,5 puntos e a dous do segundo posto que dá dereito ao ascenso. A vitoria de hoxe por 4-0 ante o Mos C non foi suficiente para lograr o tan ansiado ascenso. Doutra banda o Mallón non foi capaz de dobregar ao Bouzas B. Cun equipo mermado en efectivos Juan, Agustín e Mauro conseguiron un punto que os sitúa na clasificación final no quinto posto.

De todos os xeitos esta foi a primeira experiencia en liga dos nosos campións e campioas, acompañados por Jose Manuel, Pombo, Juan e Agustín, e seguro  que o próximo ano volverán tentalo. O noso parabén a Pablo, Ana, Hugo, Laura, Osian, Constantino, Mauro, Matías e os ascendidos de cuarta Guillermo, Sara, David, Adrián e Iago; todos eles e elas grandes campións que seguro que acabarán dándonos grandes alegrías no futuro.