29 ago 2018

Verán 2018 Laroqueiro



Comezamos esta crónica co noso torneo, IV Torneo de Xadrez Val Miñor Sub 2200 (21 y 22-07-2018), celebrado nas nosas instalación de Cotros, Nigrán. 
Nesta ocasión foron 43 os participantes neste torneo valedoiro para ELO FIDE que se xoga por sistema suizo a 6 roldas de 60+30.
Este ano e por segundo consecutivo, acadou o primeiro posto Brais Otero do Xadrez Mos, e quedaron en segundo e terceiro postos respectivamente Sergio López do Xadrez Laroca e Martín Pena do Xadrez Oroso.
Un ano mais o amigo Patricio conseguiu organizar un interesante torneo no que participaron diferentes clubs do entorno, sendo o Xadrez Mos o que desprazou máis xogadores. Contamos tamén con participación do país veciño dos clubs CX Porto e CX C. Portugues.