5 nov 2017

V Torneo Social por equipos ONCE Vigo

Patricio Salgado co trofeo por o 3º posto
Un ano máis a ONCE organizou este interesante torneo no que seis equipos do sur da provincia de Pontevedra enfrontámonos nun formato de pequena liguiña a un total de 5 roldas e un ritmo de xogo de 90+30.


Na primeira xornada, o 28 de outubro pola mañá, presentámonos  cun equipo formado pola mocidade do noso club (Artai Bringas, Ana Fernández, Mauro Sanroman e Laura González) para enfrontarnos ao potente XADREZ VILA DE BOUZAS. Para eles foi unha bonita experiencia pero a diferenza de ELO dos rivais fixo que o mach terminase nun 4-0 a favor do Bouzas.

Na xornada de tarde ese mesmo día as cousas cambiaron e o noso equipo formado por dúas persoas do Laroca-C (Guillermo Penas e Jorge Carneiro) e as dúas novas incorporacións deste ano ao club (Carlos Groba e Antonio Díaz) conseguiron un meritorio 3-1 contra o equipo da ONCE, coas táboas de Guillermo e Jorge e as vitorias de Carlos e Antonio.

Ao día seguinte, o domingo pola mañá, tocounos enfrontarnos ao potente MOSEFESA & THE WASILERS, contra os que o noso equipo (Sergio López, Artai Bringas, Agustín Álvarez e Jorge Carneiro) conseguiu un resultado final de 3,5 - 0,5. So as taboas de Jorge evitaron o pleno.



O torneo continuou o sábado día 4 de novembro con partidas de mañá e tarde. Pola mañá enfrontámonos ao U. VIGO-EXP contra os que os nosos campións (Sergio López, Artai Bringas, Jose Manuel Bens e Avelino Igrexas) tentárono pero só lograron 1/2 punto coas tables de Liño.
Na xornada de tarde a cousa cambiou e na última partida contra EXP RAMÓN ESCUDEIRO TILDE os Laroqueiros (Constantino González, Artai Bringas, Patricio Salgado e Francisco Vázquez) conseguiron os últimos puntos cun resultado de 3 - 1 que nos situóu no terceiro posto con 10 puntos.


Clasificación final













XI OPEN McDONALDS VILAGARCIA 2017


Con este torneo, como cada ano, remata o Circuíto Galego de Promoción 2017. Este ano a presenza Laroqueira foi inferior á de anos anteriores. A coincidencia deste torneo co V Torneo Social por equipos da ONCE de Vigo, no que tamén participou o noso club, fixo que só fósemos catro persoas as que nos desprazásemos a Vilagarcía


Na categoría sub-12 Diego Martín Abalde, tras algún tempo sen competir non podía deixar de participar neste último torneo do Circuíto e por suposto alí estivo. Nesta ocasión tocoulle lidar cos máis fortes e logrou finalmente 2 puntos de 7 posibles, rematando no posto 26 da clasificación final. O ano próximo seguirá nesta mesma categoría e seguro que conseguirá mellorar os seus rendemento.


Na categoría sub-14 Ana Fernández Carneiro enfrontábase ao seu último torneo nesta categoría, o tempo pasa, fánsenos maiores e o próximo ano terá que participar na categoría superior. Partindo no ránking inicial no posto 5 rematou no setimo lugar con 4,5 puntos.
Na última partida xogábase a posibilidade de lograr ser terceira na clasificación si conseguía a victoria pero so poido lograr unhas taboas, o que fixo que se dera un quintople  empate a 4,5 puntos e que o desempate a relegara a esa sétima posición.



En categoría absoluta, dóus foron os Laroqueiros participantes, Jorge Carneiro Penedo que partía no ránking inicial no posto 37 e Jose Manuel Fernández Rodríguez que partindo desde o posto 66 tentou mellorar o seu resultado neste tipo de torneos.




A clasificación final dos nosos deportistas foi:
No posto 26 de Sub- 12 Diego Martín con 2 puntos. Dúas vitorias
No posto 7 de Sub- 14 Ana Fernández con 4,5 puntos. Catro vitorias e unha táboas
No posto 50 de Absoluto Jorge Carneiro con 3 puntos. Dúas vitorias e dúas táboas.
No posto 65 de Absoluto Jose Manuel Fernández con 2 puntos. Dúas vitorias.

Felicitar aos organizadores do Club Xadrez Fontecarmoa pola impecable organización unha vez máis do evento e pola súa aposta firme pola promoción do xadrez en Galicia.