28 abr 2019

Liga Galega 2019 11ª xornada


Sábado 27 de abril de 2019 as 17:00 horas comezan as partidas da última xornada da liga Galega 2019. Os equipos Laroca A e C non nos xogábamos nada, non así o Laroca B, que xunto con cinco equipos máis se xogaba continuar ou non na segunda división.

Estes foron os encontros e resultados dos nosos equipos nesta xornada:

1ª C
AJEDREZ MARCOTE - HOTEL CEMAR
4 - 0
LAROCA-NIGRAN A
2ª E
CXF - DEPORTES RODAS
1'5 - 2'5 
LAROCA-NIGRAN B
2ª E
LAROCA-NIGRAN C
2'5  - 1'5
XADREZ ALTAMIRA

18 abr 2019

Campionatos Galegos Semana Santa 2019

Un ano mais e tras os campionatos celebrados en Cangas nos días de entroido, aproveitamos en Galicia a Semana Santa para seguir con máis xadrez, esta vez en Padrón e para as categorías Sub-8, Sub-10, Sub-12, Sub-16, Absoluto, Femenino e Veteranos.



Por parte da familia laroqueira, este ano desplazamos a cinco deportistas que participaron na categoría Sub-16. Artai Bringas Gómez, Ricardo Fernández López, Mauro Sanroman Costas, Guillermo Cousido Martínez e Ana Fernández Carneiro.





6 abr 2019

Liga Galega 2019 10ª xornada


Decisiva décima xornada da liga galega de xadrez 2019. Rematada a liga de terceira nesta xornada os equipos do Club Xadrez Laroca que quedamos en competición cumprimos có esperado.
Importante sobretodo o resultado logrado por o Laroca B en segunda.


1ª C
LAROCA-NIGRAN A
1 - 3
Grupo nores XADREZ MARIN
2ª E
LAROCA-NIGRAN B
3 - 1
XADREZ ALBATROS B
2ª E
MOSEFESA & THE WAILERS
2 - 2
LAROCA-NIGRAN C

5 abr 2019

Campeóns


LAROCA NIGRAN MALLON - AGUA DA LAXE
CAMPIÓN 
TERCEIRA DIVISIÓN GRUPO K


Graciñas por darnos esta alegría!!!!!!