31 mar 2019

Liga Galega 2019 9ª xornada


Xornada número nove, última en terceira división e antepenúltima en segundo e primeira.
Vitoria contundente de Mallon - Auga da Laxe que supón ocupar o primeiro posto da clasificación xeral e o ascenso a segunda división.
Vitoria en primeira que consolida o Laroca A.
Si Fran, tes razón, que mal saíu o asunto en segunda!! Á derrota do Laroca B que lle da ó Mos B o seu mellor resultado da tempada, únese un mal resultado do Laroca C co Lucena que fai que este último saia do pozo e meta de cheo nel o Laroca B.  

1ª C
ALEKHINE - CORREDURIA TEMPU
0'5  - 3'5
LAROCA-NIGRAN A
2ª E
XADREZ MOS B
3'5 - 0'5 
LAROCA-NIGRAN B
2ª E
LAROCA-NIGRAN C
1'5 - 2'5
LUCENA - XG
3ª K
XADREZ MOS F
0 - 4
MALLON - AUGA DA LAXE


24 mar 2019

Liga Galega 2019 8ª xornada


Chegamos a xornada número oito na que xa se van definindo as posicións e comezamos a facer números e comprobar cales son as posibilidades que temos cada un de acabar nunha posición ou noutra.
Os Laroqueiros e Laroqueiras tamen facemos esos número e rematada esta oitaba xornada tras conseguir 2 vitorias, 1 empate e 1 derrota vemos que aseguramos o mantemento da categoría para o laroca A en primeira, aseguramos case o 100% o ascenso do Mallon Auga da Laxe a segunda división, aseguramos o mantemento da categoría do laroca C en segunda e mantemos o perigo de descenso para o Laroca B, que terán que facer un esforzo suplementario para manter a categoría nestes tres encontros que faltan, pero que dependen exclusivamente de eles mesmos.

1ª C
LAROCA-NIGRAN A
 2 - 2
BENCHOSHEY SENIOR
2ª E
LAROCA-NIGRAN B
0 - 4
MOS A
2ª E
LAROCA-NIGRAN C
3 - 1
CHIRINGO CONTOS TUI
3ª K
MALLON - AUGA DA LAXE
3 - 1
XADREZ MOS D

17 mar 2019

Liga Galega 2019 7ª xornada


Duas contundentes vitorias e duas tamén contundentes derrotas foi o resultado que conseguiron os nosos equípos nos seus desprazamentos a Marín, A Guarda, Vilagarcía e Mos nesta setima xornada de liga xogada este sábado 16 de marzo de 2019.

1ª C
Ence XADREZ MARIN
3'5  - 0'5
LAROCA-NIGRAN A
2ª E
XADREZ ALBATROS A
3'5  - 0'5 
LAROCA-NIGRAN B
2ª E
CXF DEPORTES RODAS
0'5  - 3'5
LAROCA-NIGRAN C
3ª K
XADREZ MOS H
0 - 4
MALLON - AUGA DA LAXE


10 mar 2019

Liga Galega 2019 6ª xornada

6ª xornada da Liga Galega de Xadrez 2019
Despois do parón de entroido para disputar os campionatos galegos sub18 e sub14, voltamos a liga e nesta sexta xornada todos os equipos Laroca xogamos na casa, nos locais de Cotros en Nigran.

Así que montamos os 16 taboleiros cos seus 16 reloxos, as suas 32 fichas para anotar as xogadas e as 32 botellas de auga para soportar mellor as longas partidas. Todo quedou listo para disfrutar de esta sexta xornada, moi importante para as diferentes aspiracións dos nosos equipos, xa superado o ecuador do campionato de liga no que non mudaron os obxetivos.



Duas vitorias e duas derrotas resultado de esta sexta xornada para os Laroqueiros e Laroqueiras:

1ª C
LAROCA-NIGRAN A
1  -  3
LICEO GRUPO A. POSTAL
2ª E
LAROCA-NIGRAN B
0  -  4
CXF - ZONA ABERTA
2ª E
LAROCA-NIGRAN C
3'5 - 0'5 
XADREZ ALBATROS B
3ª K
MALLON - AUGA DA LAXE
-  0
EXP CVCV VALLADARES

I torneo GPL


No Club Xadrez Laroca non todo é liga, torneos e campionatos; non todos somos maiores nostálxicos de este deporte nin novas promesas que xa lograron grandes retos e siguen a loitar por superarse inda máis día a día. 

No Club Xadrez Laroca tamén contamos con moitos rapaces e rapazas os que lles gusta esto do xadrez e que se acercaron a este modesto Club para aprender e disfrutar con cabalos, bispos, torres e demáis persoaxes que se colocan no taboleiro. Así comezaron no seu día os Breixo, Lua, Mireya, Artai, Ana, Mauro, ..... e hoxe xa son moi coñecidos neste mundo e seguen a aplicar o que aprenderon sobre a obriga de disfrutar con este deporte.



Para ensinar a estas novos xadrecistas temos cedidos os sábados o salón de actos do Colexio de Mallon de Nigran e un espezo no Instituto Auga da Laxe de Gondomar. Aquí un grupo de 25 posibles futuros grandes xadrecistas aprenden e disfrutan os sábados por a maña durante hora e media.

Pero o sábado día 23 de febreiro decidimos xuntalos a todos no Colexio de Mallon e organizarlles un pequeno torneo para que poidan ter a oportunidade de competir e que o mesmo tempo lle sirva os mais experimentados para prepararse para o próximo torneo da Liga de Cuarta. Todos e todas gañaron porque nos consta que o pasaron moi ben, pero como en toda competición, uns gañaron máis que outros. Aquí queda para a posteridade a clasificación dos cinco primeiros de cada unha das categorías:

Anos 2005-2006 Diego Pazos, Brais Fernández, Diego Martín, Sara González, Marcos Rego
Anos 2007-2008 Erik Roade, Juan Rodríguez, Simon Carballal, Hugo Varela
Anos 2009-2010 Leo Castro, Yago Vives, Yoel González, Hector Machado, Lucas Pereira
Anos 2011-2012 Gael Varela, Aleix Lorenzo, Xoan González, Carolina Pereira, Fermín Chamorro

5 mar 2019

Campionatos Galegos Sub 18 (2019) 5 marzo


E chogou o último día de celebración de este campionato, chegou o martes de entroido e con el ademáis do final de esta popular festa as duas última partidas e a entrega de premios na que unha laroqueira e un laroqueiro subiron o podium. Artai Bringas como cuarto da clasificación xeral e Ana Fernández como segunda feminina.

Así quedaron os laroqueiros e a laroqueira na clasificación final:

Artai Bringas Gómez                    4º clasificado     6'0 puntos
Ricardo Fernández López         17º clasificado     4'0 puntos
Mauro Sanromán Costas           18º clasificado     4'0 puntos
Guillermo Cousido Martínez     23º clasificado     3'5 puntos
Ana Fernández Carneiro           25º clasificada     3'5 puntos

4 mar 2019

Campionatos Galegos Sub 18 (2019) 4 marzo



Na terceira xornada de estes campionatos este luns de entroido os nervios dos nosos pipiolos están na pel e foi difícil durmir por a noite sen que as imaxes con os movementos necesarios para vencer cheguen a mente e rulen sen poder ser controladas. En calqueira caso a concentración nas partidas de este día foi absoluta e o resultado final o premio a esa concentración. 6'5 puntos de 10 posibles millora o resultado obtido na xornada de onte.

3 mar 2019

Campionatos Galegos Sub 18 (2019) 3 marzo


Domingo 3 de marzo e segundo día de celebración dos Campionatos Galegos Sub 18.

Seguimos no  Morrazo  e as 10 horas da mañá comezaba a terceira rolda de este campionato e as 17 horas a segunda partida da xornada e cuarta rolda, nas que os nosos campións se enfrontaban a un novo reto que superaron con un aprobado, conseguindo 5'5 puntos de 10 posibles.

2 mar 2019

Campionatos Galegos Sub 18 (2019)

Cartel oficial do campionato


Aquí temos o equipazo do Club Xadrez Laroca de Nigran que está a participar nós Campionatos Galegos Individuais do presente ano 2019 que se celebran no pobo de Cangas de Morrazo os días de Entroido 2, 3, 4 e 5 do presente mes de marzo.

Estos 5 valentes participan ná categoría Sub 18 e procurarán gañar as 8 roldas de que consta a competición, a un ritmo de xogo de 90+30.

Artai Bringas Gómez, Gondomareño de Peitieiros, con un ELO FIDE de 2048 ocupa o primeiro posto no ranking incial.

Ricardo Fernández López, o máis novo dos cinco, comeza no posto 21 do ranking inicial con un ELO de 1386. 

Ana Fernández Carneiro, única fémina do grupo cós seus 1328 puntos de ELO sitúase no ranking incial no posto 26.

Mauro Sanromán Costas, este nigranés moi acostumado a participar neste tipo de campionatos comezará nún posto despois que Ana, no 27, con 1314 de ELO.

Por último no posto 28 con 1304 de ELO atopamos a Guillermo Cousido Martínez.outo nigranés que está en disposición de dar a sorpresa.