15 sept 2017

Rematou o Europeo xuvenil


Mireya Represa Pérez, tras 9 partidas con cinco vitorias e dúas táboas rematou no posto 15 na categoría sub-16 feminina no "European Youth Chess Campionship 2017" que se celebrou en Romanía, converténdose na mellor das 5 participantes españolas que xogaron nesta categoría.

Queremos destacar a partida da rolda 7 na que Mireya, xogando con negras, na xogada 43 se atopada nunha situación clara de desvantaxe e tras coroar as branca un peón por dama na xogada 78, que a poñía nunha situación de moita máis desvantaxe, foi capaz de levar ao seu rival a unha posición de xaque mate final cunha gran vitoria (Enlace a la partida en chess24).

No Club Xadrez Larona sentímonos orgullosos da nosa compañeira e queremos felicitala pola súa forza e constancia neste tan complicado deporte, o que a está levando a estar cada día máis presente na elite do xadrez. O nome de Baiona, Nigran e o Val Miñor estivo presente en Romanía e  todo grazas a esta moza de 16 anos que se atreve a enfrontarse ao mellorciño do xadrez europeo. 

 ¡¡ Es moi grande Mireya, descubrímonos ante o teu inmenso talento !!

Tamén temos que felicitar ao resto de participantes da selección española e sobretodo aos nosos paisanos galegos. Esperamos que gozasen da experiencia e sigan mellorando o seu xogo. Temos unha boa canteira que seguro que nos dará moitas alegrías neste deporte a nivel mundial.

Jugadores de la delegación. Española celebrando el bronce de Marta García Foto





10 sept 2017

Mireya en Romanía


Foto FEDA
Do día 5 ao 14 de setembro celébrase en Mamaia, Romanía o Campionato de Europa Xuvenil de xadrez 2017, que inclúe desde a categoría sub-8 a sub-18.

Entre os 38 participantes da delegación española, atópase a nosa compañeira Mireya Represa Pérez que participa na categoría sub16 feminina, coa intención de seguir incrementando a xa gran cantidade de títulos e trofeos cos que conta. (Enlace o facebook da FEDA). Ademais de Mireya sete máis son os galegos e galegas que forman parte deste grupo. Benjamín Diéguez Novoa e a súa irmá Pura Diéguez Novoa  e Paula Suárez Gómez en sub-10, Rubén Fernández López e Pablo López Varela en sub-12, Martín Gómez Carreño en sub-14 e Héctor Laiz Ibáñez en sub-16.

4 sept 2017

II TORNEO CONCELLO DE MOS 2017

Este sábado 2 de setembro de 2017 celebrouse o II TORNEO CONCELLO DE MOS no que o Club Xadrez Laroca estivemos representados en catro das cinco categorías:
Absoluta: Mireya Represa, Artai Bringas, Francisco Rego, Jose Manuel Ben, Jorge Carneiro e Jose Manuel Fernández.
Sub-14: Ana Fernández, Ricardo Fernández e Rafael Marquez 
Sub 12: Diego Martín e Marcos Rego.
Sub 10: David Represa.

Unha vez máis o Club Xadrez Laroca soou no micrófono do speaker á hora da entrega de trofeos. Na categoría absoluta os nosos campións Artai Bringas Gómez, como sub campión da categoría e Mireya Represa Pérez como quinta clasificada, recibiron os seus respectivos trofeos.