A NOSA XENTE O NOSO CLUB


OS NOSOS EQUIPOS NA LIGA 2020

25 de xaneiro de 2020

LAROCA NIGRAN A   (1ª División grupo C)

Artai Bringas,  Constantino González,  Sergio López,  Lua Alvarez
Ana Bringas,  Ramona Carneiro

LAROCA NIGRAN B  (2ª División grupo E)

Tomás Bernardez,  Avelino Iglesias,  Jose Manuel Bens,  Patricio Salgado,
Carlos Groba,  Agustín Alvarez


LAROCA  MALLON-AUGA DA LAXE  (2ª División grupo E)


Mauro Sanromán,  Ricardo Fernández, Guillermo Cousido,  Juan Represa
Jorge Carneiro,  Ana Fernández




LAROCA NIGRAN C   (3ª División grupo K)

Antonio Díaz,  Daniel Vaz,  Rafael Simoes,  Jose Manuel Araujo,
Francisco Javier Vazquez, Carlos Carreira, Alberto Hermida

LAROCA NIGRAN D   (3ª División grupo K)

Francisco Rego, Laura González, Osian Pombo, Hugo Rego, Sara González,
Diego Pazos, Jose Manuel Fernández, David Represa, Sebastián Melo, Hugo Robles


------ooo00ooo------


XI Torneo Internacional Concello de Rianxo 

26 de agosto de 2019

Participación Laroqueira





------ooo00ooo------



LAROCA A  -  LAROCA C  -  LAROCA B

REMATADA A LIGA GALEGA DE XADREZ 2019




------ooo00ooo------


VIII PREMIOS NIGRAN 2019

O Concello de Nigran concede o premio deportivo ao Club Xadrez Laroca

27 de abril de 2019



------ooo00ooo------


LAROCA NIGRAN MALLON - AGUA DA LAXE

CAMPIÓN    2019 

TERCEIRA DIVISIÓN GRUPO K



------ooo00ooo------


CLUB DE XADREZ LAROCA E MIREYA REPRESA PÉREZ CON TORRE DE NUÑEZ 

(XERACIÓN BOCATA)




------ooo00ooo------

Laroca in Mureck 2011 (EUYCC 2011 )

Campeonato de la Unión Europea de jóvenes de ajedrez (sub-8/10/12/14). Del 03 al 11 de Agosto en Mureck (Austria)
Laroca in Mureck 2011 (Enlace ó blog)


------ooo00ooo------

Laroca in the WYCC 2010

World Youth Chess Championship (campeonato del mundo de jovenes de ajedrez)
Laroca en el mundo (Enlace ó blog)

------ooo00ooo------

2/11/10

Final do WDYC de Halkidiki (Grecia)

O sábado 30 de outubro rematou o Campionato do Mundo Sub-08 a Sub-18 e Mireya volta ao Val Miñor cun botín nada desprezable de 4'5 puntos de 11 posibles, puntos conseguidos ante campioas nacionais de Corea do Sur, Kirguizistan, Sudáfrica, Grecia e Escocia. Tódolos que seguimos a súa traxectoria no Campionato queremos agradecerlle a emoción que nos brindou.
A Juan e Belén (os pais da campioa) agradecerlles que nos fixeran participes da súa aventura no seu fantástico blogue que, por se algún despistado aínda non visitou é:
Coido que dun xeito moi entretido amosa o que podes topar nun Campionato do Mundo de Xadrez para nenos.
Na expedición da Federación Española destaca en categoría sub-18 o xadrecista madrileño Ángel Arribas, que acadou a 4ª posición con 8 puntos, os mesmos que o 3º clasificado. Parabéns para el e para o resto da expedición española, en especial para os galegos de categoría sub-12 Julio Suárez (6 puntos) Andres Bayón (4 puntos) e Fernando Chao (3,5 puntos).

------ooo00ooo------

3/11/10

Final do V Circuito Galego de Xadrez Escolar

Como comentei na entrada anterior rematou o V Circuíto Galego de Xadrez Escolar. Este circuíto auspiciado e coordinado pola Federación Galega de Xadrez ten como obxectivo a promoción do xadrez entre as rapazas e rapaces galegos ata os 16 anos.
Nesta edición eran 17 torneos os que conformaban o V Circuíto Galego de Xadrez Escolar, organizados por distintos clubs e entidades por todo o territorio galego. En cada torneo os 10 primeiros clasificados conseguían puntos (1º clasf. 12puntos, 2º clasf 10puntos, 3º clasf 8puntos, 4ºclasf 7puntos, ...) que se ían acumulando para ao rematar tódolos torneos ter unha clasificación xeral do campionato. Aparecer na clasificación final xa ten o seu mérito pois quere dicir que polo menos nun dos torneos conseguiches estar no "top-ten".Pois na clasificación final deste ano aparecen 4 xogadores do Club de Xadrez Laroca a saber:


En categoría benxamín (sub-10) aparece o vixente campión do Torneo Laroca (categoría iniciación) Cibrán Álvarez Castaño ocupando a 20ª praza con 9 puntos. Cibrán, que empezou a competir o ano pasado no Peón de Ouro coa camiseta do Laroca, participou en 3 torneos e conseguiu puntuar en dous. Unha moi boa marca que agardamos teña continuidade na vindeira edición. Ánimo e sorte para Cibrán "o xadrecista mais argalleiro do mundo enteiro".





Tamén en categoría benxamín (sub-10) aparece a campionísima do noso club que ademais de campioa galega e de España, tamén é a vixente gañadora do Torneo Laroca (categoría escolar). Con 70 puntos foi a campioa feminina indiscutible do Circuíto no que acadou o 5º posto na clasificación xeral. Outra "muesca" no taboleiro de Mireya, a xadrecista mais rápida do oeste do Laroca.


Si a durísima categoría infantil (sub-14) foi como unha noite onde moitas estrelas competiron por ser a máis brillante, no medio aparece Lúa con 8 puntos arrancados de 4 torneos que a deixan na 15ª posición. Mais que satisfactoria a tempada de Lúa, a xadrecista que monta festa coas pezas no taboleiro.




Na categoría cadete (sub-16) Breixo con 78 puntos volveu subir ao podio na 3ª posición, a mesma que acadou no 2009. Excelente resultado para poñer o punto final á súa andaina polos torneos do Circuíto Escolar pois para a seguinte tempada deixa a categoría cadete, e por idade xa non poderá participar. Notábase neste último torneo, entre os sub-16, un toque nostálxico pola obrigada despedida. A maioría levan participado nas 5 edicións, e como dixo Breixo, é unha pena non poder volver a dicir aquilo de "Vémonos no seguinte do circuíto...". Para celebralo a maioría foron comer xuntos para tapar con pizza tódolos xaque mates dados e recibidos.


A cerimonia de clausura celebrouse en Expourense ao rematar o ultimo torneo, con representación da Xunta de Galicia, do Concello de Ourense, a dirección de EXPOURENSE, o presidente da FEGAXA e o vicepresidente da mesma que dirixiu o acto. A Federación Galega de Xadrez recompensou aos tres primeiros e a campioa feminina de cada categoría con un agasallo, entregados polas autoridades presentes. A Mireya correspondeulle un reprodutor MP5 e a Breixo unha cadea de música. Como anécdota comentar que Mireya non puido recibir o seu premio pois estaba de viaxe de volta de Grecia onde disputou o Campionato do Mundo. Lúa fixo os honores de recoller o premio para a súa compañeira de equipo.

Na foto Breixo e a súa amiga Aránzazu do Circulo Ferrolán de Xadrez campioa feminina da categoría cadete recollendo os seus agasallos.
Lúa tan guapa como sempre recollendo o agasallo de Mireya campioa feminina benxamín.



No hay comentarios:

Publicar un comentario