19 dic 2022

Breixo imponse no XXVI Torneo LAROCA

Breixo Alvarez imponse na categoría absoluta no XXVI torneo de xadrez Laroca celebrado nas instalación do CEIP Mallón o domingo 18 de decembro.

Torneo interno, mais invitados que o club Laroca organizamos para despedir o ano e tomar un pequeno ágape unha vez rematado.

Torneo que se disputaron en tres categorías, Iniciación na que se impuxo Lois Platero Iglesías, categoría Promesa na que se impuxo con pleno de vitorias Lucas Perez Da Costa, e categoría Absoluta na que se impuxo Breixo Alvarez Dominguez, con este torneo o club de xadrez Laroca da por rematada a tempada 2022.

Agradecer a dirección do Ceip Mallón e o Concello de Nigrán pola súa colaboración co club.

 Clasificación Iniciación /promesas

 clasificación adultos

 









9 dic 2022

 

 


 

 

 

XXIV TORNEO DE XADREZ LAROCA


Unha vez recuperada a “ nova normalide ” dende o club recuperamos o tradicional torneo de xadrez co cal despediremos o ano a familia laroqueiros, este ano volvemos a modalidade de interno + invitados; o torneo disputarase o domingo 18 de decembro en tres categorías :

  • Iniciación para os rapaces de ata os 10 anos, Promesas ata os 16 anos que se desenrolarán a cinco rondas a un tempo de 10´+5´´ a partires das 16 horas.,

  • Categoría Absoluta desenrolará a seis rondas a un tempo de 15` + 5´´ a partires das 11 da mañá do domingo.

Teremos trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categorías e medallas para todos os participantes, unha vez rematada a entrega de premios sobre as 19:45, teremos un pequeno refrixerio para despedir o ano. 

 

BASES CAT. PROMESAS/INICIACIÓN

BASES CAT. ABSOLUTA