Buscar en este blog ...

22 feb. 2020

Campionato Galego Entroido 2020 sub-14 sub-18


Rematabamos o anterior post con o mesmo que imos comezar este.

Desexamoslle moita sorte os nosos participantes nos campionatos calegos que se celebran en Padron o fin de semana.

Artai Bringas Gomez, 
Ana Fernandez Carneiro, 
Laura González Ferreira, 
Sara González Ferreira.

¡¡¡¡¡Ánimo e a por todas!!!!!

A duas roldas por día e con un total de 8 roldas, no hotel Scala de Padrón, a so tres kilómetros da Casa Museo de Rosalía de Castro e por tanto inmersos nas terras e lugares que inspiraron á xenial poetisa, comezaba o sábado 22 de febreiro de 2020 as 10'00 horas  con a primeira rolda.

En principio este campionato estaba configurado para duas categorías, unha xeral e outra feminina, pero debido a que o número de mulleres participantes non foi suficiente, integraronse as féminas participantes na categoría xeral.

A primeira xornada para a nosa xente podemos considerala boa. 1 punto logrado por Artai con duas táboas, 1 punto de Sara, 1 punto de Laura e 1 punto de Ana tras unha longa e interesante segunda partida contra Lucas Represas, fan de esta unha primeira xornada fructifera na que conseguimos un 50% de efectividade.

Ademais de poder ver os resultados en  Info64 tamén temos oportunidade de seguir algunhas partidas en directo en Chess24 .

Agora a descansar para enfrontarse a segunda xornada o domingo 23 despois de un potente almorzo, duas novas xornadas que esperamos sean mellor que as de este sábado.

O Almorzo foi potente pero o dia non se deu demasiado ben. Artai logrou 1'5 puntos con unha vitoria por a mañana e unhas táboas por a tarde. O outro punto da xornada foi conseguido por Ana na súa partida da tarde contra a sua amiga Gela. 

Despois de esta xornada e no ecuador da proba así está a clasificación dos nosos representantes:

  • Artai Bringas Gómez  queda no posto 12 con 2'5 puntos.
  • Ana Fernández Carneiro no posto 20 con 2 puntos.
  • Sara González Ferreira no posto 28 con 1 punto.
  • Laura González Ferreira no posto 33 con 1 punto. 

Agora queda dar o último pulo o luns e o martes e lograr o máximo de puntos posibles nas catro partidas que quedan.


16 feb. 2020

Liga Galega 2020 4ª xornada


Sábado 15 de febreiro despois da resaca se San Valentín, con todos os poros do corpo rebosantes de amor, sendo as cinco da tarde comezamos unha xornada máis da liga galega co obxetivo de continuar con a boa racha da semana pasada.

Finalmente os resultados, sen ser tan bos como os da anterior xornada, foron importantes, con tres vitorias, un empate e unha soa derrota. 12 puntos de 20 posibles, o que significa un 60% de efectividade.

1ª C  XADREZ VALDEORRAS A1'52'5LAROCA A
2ª ELAROCA B0'53'5CHIRINGO CONTOS TUI
2ª ECLUB XADREZ MOS C13LAROCA MALLON AUGA DA LAXE
3ª KLAROCA C40CLUB XADREZ MOS H
3ª KLUCENA FEMENINO22LAROCA D 

11 feb. 2020

Liga Galega 2020 3º Xornada



Unha xornada máis e xa é a terceira. Avanza con paso firme a Liga Galega de Xadrez e por ela imos camiñando os laroqueiros e as laroqueiras disfrutando como ananos.
Os resultados que conseguimos neste sábado 7 de febreiro fan de esta unha xornada histórica na que logramos un total de 15 de 20 puntos posibles, un interesante 75% de efectividade e 5 de 5 vitorias que nos colocan ben colocados

1ª C   LAROCA A 3'5 0'5 UNIVERSITARIO DE OURENSE A
2ª E ONCE VIGO 1 3 LAROCA B
2ª E LAROCA MALLON AUGA DA LAXE 2'5 1'5 VILA DE BOUZAS
3ª K CVC VALLADARES "MONTE DOS POZOS" 1 3 LAROCA C
3ª K LAROCA D  3 1 LUCENA TALENTOS

2 feb. 2020

Liga Galega 2020 2ª xornada


Trasladamos a continuación os resultados que se deron para os equipos Laroca nésta segunda xornada, na que conseguimos un total de 9'5 puntos de 16 posibles.

1ª C   AJEDREZ MARCOTE 3 1 LAROCA A
2ª E LAROCA B 2 2 ALAIA ESTUDIO PILATES XADREZ MARIN
2ª E ALBATROS B 1'5 2'5 LAROCA MALLON AUGA DA LAXE
3ª K LAROCA C

Descansa
3ª K VILLA DE BOUZAS B 0 4 LAROCA D 

26 ene. 2020

Liga Galega 2020 1ª xornada

Xa estamos en marcha e comezamos un tanto relaxados en segunda e terceira debido os enfrontamentos directos e co motor a tope en primera no enfrontamento co recén ascendido Mos A.

Estes foron os resultados de esta xornada:

1ª C    LAROCA A                                                2'5  - 1'5    MOS A

2ª E     LAROCA MALLON AUGA DA LAXE    1'5  -  2'5   LAROCA B

3ª K     LAROCA D                                                    0   -   4     LAROCA C



A parte do importante resultado conseguido por os integrantes do Laroca A en primeira división, pouco máis que comentar nunha xornada na que se produciron dous enfrontamentos directos tanto en segunda como en terceira donde a liga para estes equipos comeza realmente o próximo sábado que recibirán a Xadrez Marín en cotros uns e viaxarán a Guarda os outros en segunda e desplazaranse a Bouzas o D e, despois do enorme esforzo feito para conseguir eses 4 puntos, descansará o C en terceira. 

24 ene. 2020

Liga Galega 2020


Xa estamos no ano 2020 e o 25 de xaneiro comeza a Liga Galega de Xadrez na que este ano voltamos a participar en primeira, segunda e terceira división con un total de 5 equipos.

Torneo Provincial de Pontevedra 2020


O 18 e 19 de xaneiro no Auditorio de Vilagarcía de Arousa 15 persoas de este Club Xadrez Laroca participamos no Torneo Provincial de Pontevedra e nas categoría:
Sub-8  (Anxo Platero Iglesias)
Sub-14 (Manuel Costas Álvarez e Diego Martín Abalde),
Sub-16 (Mauro Sanromán Costas, Ricardo Fernández López, Sara González Ferreira, e Sebastian Melo Macías e Hugo Robles García que un ano máis voltaron participar cos colores Laroqueiros)
Sub-18 (Artai  Bringas Gómez, Ana Fernández Carneiro e Laura González Ferreira) e
Absoluto (Constantino González Levices, Francisco Rego Lorenzo, Avelino Iglesias Fernández, Jorge Carneiro Penedo).

31 dic. 2019

Ultimos torneos 2019, Mos Pontevedra Xixón

 
Para rematar este exitoso ano 2019 e nunha das fins de semana máis cargados de torneos do ano, os Laroqueiros e as Laroqueiras participamos en tres de eses torneos. En Pontevedra estivo Fran Rego, en Xixón Artai Bringas e en Mos Breixo, Mauro, Ana, Jorge e Jose Manuel.

23 dic. 2019

Proba superada XXV ANIVERSARIO

XXV ANIVERSARIO    FESTA DO XADREZ
Non sei si está ben que o digamos nós, pero creo que estamos en disposición de afirmar que superamos a proba con éxito. Esta conclusión sacámola polo que nos transmitiron os participantes e acompañantes a este Festival de Xadrez no noso 25 aniversario. Era a primeira vez que organizábamos tres días de xadrez e con formatos diferentes, pero aínda que o tempo atmosférico non acompañou, fixerono o resto de factores necesarios para lográr o éxito.

Primeiro o local de xogo, perfecto para a práctica deste deporte. Temos que trasladar un especial agradecemento ao Concello de Nigran que nos cedeu amablemente as instalación do Auditorio Municipal.

Segundo a organización, tanto antes como no momento da celebración de cada un dos tres formatos do torneo, que foi realizada maxistralmente polo noso querído árbitro e compañeiro Patricio Salgado.

E terceiro a participación de xadrecistas da nosa comarca, de Mos, de Vigo, de Tui, da Illa de Arousa, de Vilagarcía, de Ourense e de Portugal que fixeron de estos tres días unhas xornadas especialmente agradables.



Carlos Carreira PALANTE
Dito esto e antes de pasar ós datos dos torneos, queremos comezar por o final de estes tres días e por o principio de este Club Xadrez Laroca, principio que ten un nome e que se chama CARLOS CARREIRA FERNANDEZ, quen, con un grupiño de rapaces e dende unha pequena hamburguesería nas galerías do Centro Comercial La Paloma de A Ramallosa deu a luz o que acabaría sendo o principal impulsor do  xadrez no Val Miñor e unha ferramenta importante para que os que temos o veneno do xadrez metido nas venas poidamos disfrutar e empaparnos de ese xenial venenoso deporte.

Grazas, moitas grazas Compañeiro-Presidente-Amigo Carlos. Grazas sobretodo por ser a boa persoa que eres e por compartir con nos a túa bondade.

7 dic. 2019

XXV Torneo de Xadrez Laroca


As duas X máis a V significan algo importante para a familia Loroqueira e por iso decidimos facer algo máis, mellor e con intención de continuidade neste 25 aniversario.

Neste ano temos importantes novidades na celebración do tradicional Torneo de Xadrez Laroca:
  • Cambiamos de local de xogo. Desplazámonos ó Auditorio Municial de Nigran ( Praza Constitución, s/n, 36350 Nigrán, Pontevedra), un local moito máis amplo e cómodo do que viñamos utilizando en edicións anteriores. 
  • Faremos un combinado de 3 + 1 torneos. 
    • Comezaremos o venren 20 de decembro as 18:50 horas con un Lostrego de sete roldas a 5+3 que calculamos que rematará sobre as 21:30. 
    • Seguiremos o sábado 21 as 9:45 con un Sub-1600 a 45+15 a seis roldas (catro o sábado e duas o domingo pola mañá). 
    • Para rematar o domingo pola tarde as 16:00 horas comezará o FIDR a seis roldas de 10+5. 
    • Ademáis teremos un pequeno torneo con duas categorías para que os nosos sub-14 celebren o final de ano.
  • Como non dudamos que todo irá ben e en tempo, remataremos con unha clausura e entrega de premios o domingo as 19:40 horas.

21 sept. 2019

Crónica setembro 2019




Sábado 7 de setembro, Mos, IV Torneo Consello de Mos. Participación Laroqueira Artai Bringas, Francisco Rego, Patricio Salgado, Avelino Iglesias, Jorge Carneiro, Mauro Sanromán, Ana Fernández, Ricardo Fernández, Manuel Costas (Sub 14) e Anxo Platero (Sub.8)

Sábado 14 de setembro, Santiago, III Torneo Cidade de Compostela. Participación Laroqueira Patricio Salgado, Jorge Carneiro, Mauro Sanromán, Ana Fernández, Jose Manuel Fernández, Manuel Costas (Sub 14).

Sábado 21 de setembro, Vilagarcía de Arousa, XXVII Memorial Adolfo Pedrido. Participación Laroqueira,  Artai Bringas, Constantino González, Mauro Sanromán, Ana Fernández, Laura González, Manuel Costas (Sub 14) e Sara González (Sub 14).

20 ago. 2019

Crónica Agosto 2019 Dende A Illa a Bratislava



Intenso Agosto con presencia Laroqueira

Bratislava, A Illa de Arousa, Pontevedra, A Guarda, Cambados, Cubillos de Sil, Mondariz, Linares, Úbeda, Rianxo, Sants. 

Slovakia, Galicia, El Bierzo, Andalucía, Cataluña.