27 may 2023

X Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol

 O próximo 17 de xuño terá lugar no pavillón municipal de Panxón a Xª edición do Torneo de Xadrez Dani Da Rocha Prol correspondente ao XVI Circuito Galego Xadrez Promoción da Federación Galega de Xadrez. 

Desde o Club de Xadrez Laroca, coa axuda de diversos patrocinadores, volvemos a organizar en Nigrán esta festa do xadrez para a xuventude na memoria de Dani, o noso compañeiro e amigo.

Toda a mocidade nada no 2003 e anos posteriores está convidada a pasar un bo día a carón do mar, botando unhas partidas con rapaces e rapazas que virán dende toda a xeografía galega ate o Pavillón de Panxón a celebrar con nós esta festa do xadrez!

Tódol@s los participantes que rematen o torneo terán trofeo e participarán no sorteo dunha espectacular lista de regalos. 


Sub-8       Sub-10      Sub-12      Sub-14     Sub-20
Actualizamos as listas cada 24 horas

Consulta as bases do torneo (facer click para ampliar)

Bases do X Torneo Dani da Rocha Prol


INSCRICIÓN PECHADA
CUPO CUBERTO 

Moitas grazas pola vosa participación!

Se non chegaches a tempo, escríbenos un e-mail ao correo info@xadrezlaroca.gal

Local de Xogo
Pavillón polideportivo de Nigrán
Rúa Gondomar, 2, 36340 Nigrán, Pontevedra

No hay comentarios:

Publicar un comentario