12 may 2024

XI Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol

O próximo 15 de xuño terá lugar no pavillón municipal de Panxón a XIª edición do Torneo de Xadrez Dani Da Rocha Prol correspondente ao XVII Circuito Galego Xadrez Promoción da Federación Galega de Xadrez.


Desde o Club de Xadrez Laroca, coa axuda de diversos patrocinadores, volvemos a organizar en Nigrán esta festa do xadrez para a xuventude na memoria de Dani, o noso compañeiro e amigo.

Toda a mocidade nada no 2004 e anos posteriores está convidada a pasar un bo día a carón do mar, botando unhas partidas con rapaces e rapazas que virán dende toda a xeografía galega ate o Pavillón de Panxón a celebrar con nós esta festa do xadrez!

Tódol@s los participantes que rematen o torneo terán trofeo e participarán no sorteo dunha espectacular lista de regalos.



Consulta as bases do torneo (facer click para ampliar)

Bases do X Torneo Dani da Rocha Prol


No hay comentarios:

Publicar un comentario