26 ene 2020

Liga Galega 2020 1ª xornada

Xa estamos en marcha e comezamos un tanto relaxados en segunda e terceira debido os enfrontamentos directos e co motor a tope en primera no enfrontamento co recén ascendido Mos A.

Estes foron os resultados de esta xornada:

1ª C    LAROCA A                                                2'5  - 1'5    MOS A

2ª E     LAROCA MALLON AUGA DA LAXE    1'5  -  2'5   LAROCA B

3ª K     LAROCA D                                                    0   -   4     LAROCA C



A parte do importante resultado conseguido por os integrantes do Laroca A en primeira división, pouco máis que comentar nunha xornada na que se produciron dous enfrontamentos directos tanto en segunda como en terceira donde a liga para estes equipos comeza realmente o próximo sábado que recibirán a Xadrez Marín en cotros uns e viaxarán a Guarda os outros en segunda e desplazaranse a Bouzas o D e, despois do enorme esforzo feito para conseguir eses 4 puntos, descansará o C en terceira. 

24 ene 2020

Liga Galega 2020


Xa estamos no ano 2020 e o 25 de xaneiro comeza a Liga Galega de Xadrez na que este ano voltamos a participar en primeira, segunda e terceira división con un total de 5 equipos.

Torneo Provincial de Pontevedra 2020


O 18 e 19 de xaneiro no Auditorio de Vilagarcía de Arousa 15 persoas de este Club Xadrez Laroca participamos no Torneo Provincial de Pontevedra e nas categoría:
Sub-8  (Anxo Platero Iglesias)
Sub-14 (Manuel Costas Álvarez e Diego Martín Abalde),
Sub-16 (Mauro Sanromán Costas, Ricardo Fernández López, Sara González Ferreira, e Sebastian Melo Macías e Hugo Robles García que un ano máis voltaron participar cos colores Laroqueiros)
Sub-18 (Artai  Bringas Gómez, Ana Fernández Carneiro e Laura González Ferreira) e
Absoluto (Constantino González Levices, Francisco Rego Lorenzo, Avelino Iglesias Fernández, Jorge Carneiro Penedo).