Buscar en este blog ...

24 ene. 2020

Liga Galega 2020


Xa estamos no ano 2020 e o 25 de xaneiro comeza a Liga Galega de Xadrez na que este ano voltamos a participar en primeira, segunda e terceira división con un total de 5 equipos.


En primeira división e no grupo C xogaremos co equipo Laroca Nigran A (Artai Bringas Gómez. Constantino González Levices, Sergio López Pérez, Lua Alvarez Domínguez, Ana Bringas López e Ramona Carneiro Penedo). Un ano máis voltaremos a procurar manternos sin descartar tampouco a posibilidade do ascenso.

En Segunda división seguimos a manter dous equipos no grupo E

Laroca Nigran B formado e refonzado por o Laroca C do ano pasado estará composto por Tomás Bernardez Durán, Avelino Iglesias Fernández (Lino), Jose Manuel Ben Alvarez (Chema), Patricio Salgado Alonso, Carlos Groba Presa e Agustín Álvarez González. Con este equipo voltaremos a xogar a todo e a aspirar ó máximo.

Laroca Mallon Auga da Laxe, ascendido este ano de terceira despois de unha xenial campaña nesa categoría. Mauro Sanromán Costas, Ricardo Fernández López, Guillermo Cousido Martínez e Ana Fernández Carneiro serán o equipo base, capitaneado por Jorge Carneiro Penedo e co importante reforzo de Juan Represa Garazo. Este equipo será unha incognita, inda que, como dí o primeiro tabolero, tamen aspira a todo nesta categoría.

En Terceira división contaremos con dous equipos no grupo K:

Laroca Nigran C emanado do equipo que baixou o ano pasado de segunda e que teñen o obxetivo claro de volver o lugar donde teñen que estar. Este ano será un pouco máis compribado porque será solo un equipo o que ascenda. o capitán será Rafael Simoes González e estará formado por Antonio Díaz García, Daniel Vaz Varela, Jose Manuel Araujo Valverde, Francisco Javier Vázquez Alonso e Carlos Carreira Fernández.

Laroca Nigran D capitaneado por o noso presidente Jose Manuel Fernández Rodríguez actuará de primeiro taboleiro Francisco Rego Lorenzo e seguirán en orden de taboleiro Laura González Ferreira, Osián Pombo González, Hugo Rego Calvo, Sara González Ferreira, Diego Pazo Rajo e David Represa Pérez.

Preparados, listos, .......................xa, ......................... a por todas.








1 comentario: