Buscar en este blog ...

23 mar. 2015

Liga galega 4ª División grupo Pontevedra sur

¡¡¡Laroca Promesas A Campión !!!

Os días 15 e 22 de marzo celebrouse en Ponteareas a Liga Galega de 4ª división Grupo Pontevedra Sur. Desde o Club de Xadrez Laroca queremos felicitar e agradecer ao Club de Xadrez do CEIP do Ramiro Sabell o gran traballo e a fantástica organización do torneo. Asemade queremos felicitar aos pais dos noso xadrecistas polos éxitos dos seus fillos e agradecer o seu esforzo e comprensión cos fallos que puidemos cometer. 
Neste enlace tedes as fotos do torneo.

Na competición, o noso club presentou tres equipos que tiveron unha actuación moi destacada.

O equipo Laroca promesas A acadou a primeira posición, e proclamouse brillante campión tras gañar unha emocionante final cos catro equipos mellor clasificados na fase regular.

O equipo Laroca promesas C acadou a 2ª posición no seu grupo polo que estivemos a piques de ter dous equipos na final.


O equipo Laroca promesas B acadou a 3ª posición no seu grupo. Un resultado fantástico para o equipo formado maiormente pol@s últim@s xadrecistas en chegar ao club.

Parbens para tod@s.

 A vosa entrega e deportividade son motivo de orgullo para tódol@s que formamos parte de este club.