16 may 2013

II Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol

Desde o Club de Xadrez Laroca volvemos a invitar a tódalas rapazas e rapaces (este ano menores de 20 anos) a participar no II Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol. De novo queremos facer presente a memoria do noso amigo Dani, e ao mesmo tempo ofrecerlle unha xornada de xadrez de competición o máis agradable posible a tódol@s que queirades participar.

O torneo vaise celebrar o sábado 15 de xuño no pavillón de deportes de Panxón e agardamos a participación de xadrecistas de toda Galicia e Portugal. Este ano subimos o limite de participantes a 200 para que ninguén se quede fora. Permanecede atentos a este blog onde iremos pondo toda a información.


Consulta as BASES

No hay comentarios:

Publicar un comentario