31 mar 2018

Campionato Galego Absoluto 2018


En Padrón, aló polo mil oitocentos e pico, vivíu unha gran muller e unha gran poeta que supo superar as dificultades da vida e deixarnos fermosos versos. En padrón estes días do ano dous mil dezaito outra muller enfrentouse as dificultades ante un taboleiro de xadrez e conseguiu emocionarnos os e as que formamos parte do club xadrez Laroca de Nigran, un modesto club que ela consegue facer cada día máis grande. Rosalía emocionanos cos seus poemas, Mireya consigue o mesmo co seu xogo neste noble deporte.

27 mar 2018

Campionatos Galegos Semana Santa 2018

As nosas campionas

Aquí temos as tres Laroqueiras que participan nos Campionatos Galegos de Xadrez de Semana Santa de este ano 2018 que se están a disputar na terra de Rosalía. Un ano mais o Club Xadrez Laroca participa nestes campionatos e esta vez con unha representación exclusivamente feminina.

18 mar 2018

7ª xornada Liga Galega 2018


Previo ó parón da liga por a celebración dos campionatos galegos de Semana Santa Sub-8, Sub-10, Sub-12, Sub-16, absoluta, feminino e veteranos, vivimos este día verde de San Patricio a sétima xornada de esta liga galega de xadrez.

As enfrontacións e resultados dos equipos do Club Xadrez Laroca de Nigran foron os seguintes:

1ª Divivión Grupo C:
GRUPO NORES MARÍN B - LAROCA A  ( 3 - 1 )

2ª División Grupo E:
LAROCA B - CXF DEPORTES RODAS ( 1 - 3 )
LAROCA C - ONCE DE VIGO ( 3'5 - 0'5 )

3ª División Grupo K:
IES AUGA DA LAXE - XADREZ RAMIRO SABELL MOBIALIA  ( 0 - 4 )
XADREZ RAMIRO SABELL CENTRO ARTISTICO SPORTIVO - MALLON  ( 2 - 2 )

11 mar 2018

Liga de 4ª, Pontevedra Sur, fase final


Tras a celebración das dúas fases eliminatorias nas que participaron 200 rapaces e rapazas, o 11 de marzo de 2018 as catro da tarde comezou a fase final da liga de cuarta división Pontevedra sur na que participaron os dous primeiros clasificados de cada un dos catro grupos nos que estaba dividida esta división.

Nos locais do IES Auga da Laxe de Gondomar e organizado por o Club Xadrez Laroca participaron nesta fase final os seguintes equipos:

Xadrez Albatros E
Globaltea - Xadrez Ponteareas C
Club Xadrez Mos H
Club Xadrez Mos G
Bellavista
Apostol
Promesas Auga da Laxe - Laroca
Promesas Mallon - Laroca.



6ª Xornada Liga Galega 2018


Sábado 10 de marzo, día da clase obreira galega e día no que os xogadores e xogadoras do Club Xadrez Laroca afrontan a sexta xornada da liga galega de xadrez.

Neste día os enfrentamentos e resultados dos nosos equipos foron os seguintes:

1ª Divivión Grupo C:
LAROCA A - XADREZ VERÍN A  ( 3 - 1 )

2ª División Grupo E:
CHIRINGO CONTOS TUI - LAROCA B  ( 2'5 - 1'5 )
VILLA DE BOUZAS B - LAROCA C  ( 1 - 3 )

3ª División Grupo K:
XADREZ TUI - IES AUGA DA LAXE  ( 4 - 0 )
MALLON - XADREZ ALBATROS D  ( 4 - 0 )

4 mar 2018

Liga de cuarta Pontevedra Sur 2018


Un ano máis e xa é o segundo, o Club Xadrez Laroca encargamonos de organizar esta fase da liga de cuarta. O local de xogo volve a ser nas instalación do IES Auga da Laxe en Gondomar, un lugar ideal para a celbración de este tipo de eventos.

Este ano participan un total de 26 equipos divididos en catro grupos dos que pasarán a fase final dous equipos por grupo. As duas primeiras fases de eliminación celebranse os domingos 25 de febreiro e 4 de marzo e a fase final cos oito equipos clasificados o domingo 11 de marzo.



5ª Xornada Liga Galega


Quinta xornada da Liga Galega de Xadrez 2018, Sábado 3 de marzo, cinco da tarde, mentres en Baiona se celebra baixo a choiva a festa da Arribada, os laroqueiros e laroqueiras xogamos o xadrez en Cangas, Nigran e A Guarda.

Estes son os encontros e resultados de cada un dos equipos Laroca Nigran:

1ª División Grupo C:
CHIGORIN - LAROCA A                       =   1'5 - 2'5

2ª División Grupo E:
LAROCA B - XADREZ ALBATROS B  =   1'5 - 2'5
LAROCA C - XADREZ MOS B              =   3'5 - 0'5

3ª División Grupo F:
IES AUGA DA LAXE - XADREZ ALTAMIRA =   0'5 - 3'5
XADREZ ALBATROS C - MALLON                =   3 - 1