31 mar 2018

Campionato Galego Absoluto 2018


En Padrón, aló polo mil oitocentos e pico, vivíu unha gran muller e unha gran poeta que supo superar as dificultades da vida e deixarnos fermosos versos. En padrón estes días do ano dous mil dezaito outra muller enfrentouse as dificultades ante un taboleiro de xadrez e conseguiu emocionarnos os e as que formamos parte do club xadrez Laroca de Nigran, un modesto club que ela consegue facer cada día máis grande. Rosalía emocionanos cos seus poemas, Mireya consigue o mesmo co seu xogo neste noble deporte.


Tras sete días e oito durísimas partidas de xadrez. Tras cinco vitorias e unhas táboas. Superando en medio punto á campiona absoluta galega do ano pasado, Ines Prado. Ocupando o oitabo posto da clasificación xeral. Unha rapaza que chegou a este mundo no ano 2001, un sorriso que ilumina as terras do Val Miñor, neste 31 de marzo de 2018 acaba de convertirse na Campiona Galega Feminina de xadrez
O seu nome é Mireya Represa Pérez  do club Xadrez Laroca de Nigran, todo un orgullo para os laroqueiros e laroqueiras.

Dios bendiga todo, nena;
rapaza, Dios che bendiga,
xa que te dou tan graciosa,
xa que te dou tan feitiña,
que anque andiven moitas terras,
que anque andiven moitas vilas,
coma ti non vin ningunha
tan redonda e tan bonita.
¡Ben haia quen te pariu!
¡Ben haia, amén, quen te cria!

Rosalía de Castro

Graciñas, moitas gracias Campiona!!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario